Vie. Mar 29th, 2024

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Mosteiro de San Paio de Antealtares: Porta dos carros ou da borrica de Belén, cadro haxiográfico da fuxida da sagrada familia para protexer ao Neno do decreto dado por Herodes de matanza xeral dos primoxénitos na Xudea.

No fornelo central aínda podemos admirar unha das actualmente contadas testemuñas de escultura arquitectónica con policromía. A obra de fábrica é datado polo epígrafe labrado na cornixa da torre miradoiro, entre as metopas heráldicas, no Ano 1750.

Trátase dunha das coidadas escenografías urbanas do barroco na capital galega. A imaxe delicada deste grupo en alto relevo e o seu fino enmarcamento, ao xeito de pequeno retablo de rúa, responden hoxe a un coidado proceso de pintura datado a mediados do século XIX…

Outros cadros pictóricos para lucimento de fachadas e de espazos públicos da cidade que eran xa non o son… borrados pola intemperie, húmidade e pluviais en tempos idos (fachada das igrexas das Mercedarias, das Orfas, da propia catedral, da Casa do Cabildo…).

A penas subsisten, na espera dun restauro profesional que garanta a salvagarda integral das arquitecturas barrocas policromadas, moi diluidas, nas igrexas de Santa María Salomé, do Carmo de Abaixo e na de San Fructuoso, na fachada lateral do colexio das Orfas, nos conventos do Carmo e de Santa Clara, na igrexa e hospitaliño de San Roque, xa intervida na Capela das Ánimas…

Mágoa que esta monumental fachada da “borriquita” de Belén, exemplo da calidade do deseño barroco compostelá, inda restaurada non hai tanto, sofra do mal proceder habitual da empresa eléctrica “BORRICA” de sempre… A legalidade imposta pola nova lei do patrimonio cultural de Galicia e a obvidade de reconducir o cableado de eléctricas ou telefonicas, en Galicia, choca cos asnos empresariais… Que seguen a protagonizar “BURRADAS” como a desta imaxe. Para cando a sanción motivada e o requerimento que obrigue a súa retirada ??

Compostela CIDADE PATRIMONIO DA HUMANIDADE a pesar de tanto talibán.

Por Antonio Gonzalez Millan

El vapor de pasaje que unía las dos riberas de la Ría da ArousaPONTE DAS TARASComo chove miudiño, como miudiño chove, pola banda de Laiño
ERAN OUTROS TEMPOS DE RELACIÓNS PERSOAIS E DE LIBERDADE EMERXENTE.

#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal#desdepobra#DesdePobra#gallicia#españa#buentiempo#hombre#mujer#fashion#viaje#vacaciines#vacaciones#altacilidad#calidad#clasico#clasica#diseñoclasico

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies