Vie. Mar 29th, 2024

Antes do secuestro do noso tempo libre e da nosa sociabilidade pola Internet e a dita intelixencia artificial coa que nos modulan o pensamento, ideas e necesidades de grupo, as insatisfaccións vivencias, non éramos este gran rebaño atento áo dictado de voces que creemos simpatizantes, amigas, afíns en fin…

Antes da promoción deste individualismo e deste pensamento dirixido por aqueles que moven os fíos do mundo “mais libre” e a nós mesmos cidadáns como un gran teatriño de monicreques “libres”…Sen telefonía móvil chea de mensaxes interesadas e fake news e dictados… sen televisión á carta, sen chats, apps, nin dependencia as doses de Facebook, Twitter, Instagram, meeting, tinder, grinder, salseo…

Eran tempos plenos de vitalidade na rúa.

Esta noite dou con sendas testemuñas de ter sido usuario do CINE MILLAN de Palmeira, de neno cando visitei a cabina de proxección do vello cinematógrafo co meu bisavó logo de asistir á proxección dun dos seus Wetern (que experiencia!!!), dérome “un papel” para que deixara de curiosear. Magnífico documento para saber hoxe do éxito e do respetable volume de negocio naquel 1970. E unha promo de man da película. Xa de mozinho as entradas para ir a bailar ás discotecas ZORBA e GRAMOLA da Pobra do Caramiñal. Por conservalas, vese que aquelas noites non se fixo consumición na barra do bar… Pendente de localizar a da discoteca BUMERANG.

Outro día, se cabe, conto como chegou o cine á Vila aló por 1895, ou as peripecias históricas de salas como o CINE PRINCIPAL e CINE ELMA cando Galicia, O Barbanza e A Pobra vivían !!!

Por Antonio Gonzalez Millan.

Repasando vellas copias fotográficasImaxe de San Xoán o BautistaCRUCEIRO de NSA. SRA. DE BELÉN ( MOLDES )A POBRA DO CARAMIŇAL
Foi EXPOLIADA na POBRA DO CARAMIÑAL Coñecías esta escultura… ???

#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal#desdepobra#DesdePobra#gallicia#españa#buentiempo#hombre#mujer#fashion#viaje#vacaciines#vacaciones#altacilidad#calidad#clasico#clasica#diseñoclasico

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies