Archivo de la categoría: POBRA DO CARAMIÑAL

GARABATO DE XOGOS presenta “O CIRCO DE PÍTER”

GARABATO DE XOGOS presenta “O CIRCO DE PÍTER”

Xoves, 18 de xullo, ás 19.30 h no Cantón da Leña

Obradoiros: de equilibrios de chan e de equilibrios coas mans, de realización de bólas de malabares e de realización de lazos (“pajaritas”) de pallaso

Xogos, música e actuación do pallaso Píter

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal  en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

TEATRO CALAVERA presenta “FESTA PIRATA NA ILLA CALAVERA”

amigas bucaneiras atopan unha mensaxe de auxilio nunha botella:o pirata Calavera naufragou nunha illa descoñecida, precisa que o rescaten e ofrece como recompensa o seu maior tesouro.

Mary e Anne, ávidas de aventura e riqueza, forman, coa participación das nenas e nenos, a súa tripulación. Xuntas vivirán unha grande aventura na illa para rescatar este pirata, onde, ademais de atopar moitas sorpresas, por Neptuno que levarán a cabo unha gran festa! Aaaar!

Trátase do que en Teatro Calavera denominamos xogacontos: un conto participativo onde procuramos que as nenas e nenos participen e se expresen a través de xogos musicais e bailes, seguindo o fío condutor dunha historia.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal  en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

GHAZAFELHOS TEATRO “A illa sen tesouro”

GHAZAFELHOS TEATRO “A illa sen tesouro”

VENRES 28 ÁS 20.30 H NO CANTÓN DA LEÑA. (se vai mal tempo no teatro Elma)

Música, bailes, pelexas de espadas, toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundíbel do teatro dos Ghazafelhos e unha lembranza a un clásico literario para toda a familia.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración co programa Cultura no Camiño do AGADIC da Xunta de Galicia