JOSEFINA BLANCO DE VALLE-INCLÁN
«Un saloncito en el último piso de una casa en una calle apartada y silenciosa. El saloncito, íntimo, sería severo sin la nota alegre y muy moderna de unos cortinones…
UN PASEO POLO MUSEO VALLE-INCLÁN
Acollido nunha casa palaciana que afunde as súas raíces no século XVI e que ostenta o título de Monumento Nacional desde 1976, áchase o Museo Valle-Inclán, un museo que ofrece ó visitante un completo percorrido por todo aquilo que ten que ver coa figura do gran don Ramón María del Valle-Inclán. Tan maxestosa construción en pleno centro urbano pobrense, cuxa execución debemos ó mestre Rodrigo Gil de Hontañón, pertenceu ós pais do escritor ata o momento da súa venda a un industrial da zona no ano 1898. Recuperar a Torre de Bermúdez, nome co que tamén é coñecido este singular edificio, foi un dos soños non cumpridos na vida de don Ramón, e como resposta a ese desexo tantas veces por el manifestado, promoveu no seu día o concello pobrense unha iniciativa que, coa colaboración de institucións públicas e privadas, lle permitiu mercar o que quedaba en pé do edificio, restauralo, e iniciar a andadura desta casa museística dedicada a don Ramón, abrindo as súas portas como tal e por primeira vez ó público, no ano 1981.
Iniciamos o percorrido pola sala Arousa que, presidida por unha fotografía de Valle-Inclán paseando por Madrid, nos permite coñecer os antecedentes familiares e literarios do escritor a través das figuras de don Francisco del Valle-Inclán, antepasado fundador e redactor do primeiro xornal galego, “O catón compostelano”, e de don Ramón del Valle Bermúdez, pai do autor das “Sonatas”, natural da Pobra e recoñecido investigador que tamén fixo aportacións á literatura no campo da poesía. Esta estancia sitúanos ademais no nacemento do autor, un 28 de outubro de 1866, os seus primeiros anos, o seu paso pola universidade, e os seus primeiros traballos como escritor.
Na sala presidida polo Marqués de Bradomín, ademais de mobles orixinarios que pertenceron á familia de Valle cando a súa residencia en Madrid, temos documentos que recordan algúns momentos especialmente relevantes na vida do creador do esperpento, como o que foi asinado no ano 1899 polo doutor Manuel Barragán certificando a amputación do brazo esquerdo de don Ramón. Os muros deste espacio exhiben algunhas enxeñosas representacións dunha das personaxes literarias máis caracterizadas no mundo das belas artes, con exemplos certamente creativos, como a caricatura asinada por Cebreiro, que ten a particularidade de ter sido executada nun só trazo.
Sen saír da torre chegamos ó espazo chamado Viana del Prior, nome co que o dramaturgo denominaba á Pobra do Caramiñal cando a facía servir de pano de fondo para as súas narracións. Unha mostra de fotografías dos anos 30-40 permiten situarse na Pobra de Valle-Inclán, e interesantes testimonios, como a acta fundacional dun sindicato agrario co seu regulamento, a súa mesa escritorio de cando residía en Villa Eugenia e unha colección de obxectos persoais que inclúen o seu sombreiro, lévannos a dar un paseo polo tempo en que don Ramón María del Valle-Inclán residía na vila pobrense.
A seguinte estancia é a sala Max Estrella, nome dunha das personaxes máis coñecidas da creación literaria de Valle no campo do teatro. O espazo aparece presidido por un gran expositor que amosa as vestimentas dalgúns dos protagonistas das obras tetrais creadas polo escritor. Especial relevancia ten tamén a vitrina na que se exhibe a colección “Opera Omnia” que foi publicada baixo a completa supervisión do autor, e un espacio no que se expoñen varias pezas conmemorativas de diferentes aspectos e momentos na vida de don Ramón, como modelados de Sargadelos de edición limitada, pezas de filatelia, ou o marca páxinas que evoca a data na que o rei don Xoán Carlos impón o título de Marqués de Bradomín ó primoxénito do creador das “Sonatas”.
No derradeiro tramo do percorrido polas instalacións do Museo Valle-Inclán, logo de pasar por unha pequena sala de proxección audiovisual, chegamos á estancia que chamamos “Valle-Inclán e o seu tempo”, que acolle entre as súas paredes unha colección de proxectores antigos e unha sucesión de paneis que nos permiten coñecer máis fondamente as vivencias, anécdotas, e pequenas mostras da obra valleinclanesca, chamando especialmente a atención do visitante o que transcribe o poema titulado “Testamento”.
«Un saloncito en el último piso de una casa en una calle apartada y silenciosa. El saloncito, íntimo, sería severo sin la nota alegre y muy moderna de unos cortinones…
Homenaxe cívica a Josefina Blanco Tejerina e a Joaquin del Valle-Inclán Blanco, a actriz que foi muller e o rapaz que era primeiro fillo varón do matrimonio, respectivamente, do grande…
ESCENOGRAFÍA PARA CLAVES LÍRICAS Alfonso Costa Beiro Técnica mixta 2018 Sala de Iconografía 1924: VIVENCIAS DE D. RAMÓN DEL VALLE-INCLAN NA POBRA DO CARAMIÑAL «… poco tiempo antes de emprender…
Presentación Flor de Santidad. Edición facsimilar, 2º premio mejor editado en España en 2023, Ministerio de Cultura, vierenes 25 a las 20,00 horas. XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán
Farsas sentimentais e grotescas de Valle-Inclán «CAFÉs CON L» XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán “A única Maria Casarés” Homenaxe a Valle-Inclán
Homenaxe a Valle-Inclán Lembramos as actividades da axenda cultural da 26.ª edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán para esta semana. Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. XXVI Xornadas de Homenaxe…
XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán GAL] Queremos facer público agradecemento ás persoas que esta tarde asistíades ao primeiro dos «CAFÉs CON L» organizado na nova sala de Iconografía do…
Estas son as nosas tres novas propostas culturais para esta vindeira fin de semana 26.ª edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal. Presentación do libro de…
No Museo Valle-Inclán A Pobra, temos unha cita arredor do libro “A única Maria Casarés” de Anne Plantagenet con traducción de Isabel Soto. 18 de Outubro ás 20h Domingo 13,…
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies
ACEPTAR