Vie. Jul 1st, 2022

Repasando vellas copias fotográficas da colección en soporte papel atopo esta instantánea do cruceiro de San Lázaro na súa ubicación orixinal. Trátase dun dos monumentos desta tipoloxía máis antigos da Pobra do Caramiñal e da contorna do Barbanza. Pola suma de formulacións no arquitectónico e no escultórico a súa factura debe encadrarse a mediados do século XVI. Obviamente, as imaxes da Quinta Angustia (reverso do crucifixo) e do Patriarca San Francisco, privilexiado avogado das ánimas do purgatorio (anverso do fuste), responden á devotio popular impulsada polo novísimo concilio de Trento e ao influinte predicamento dos frades mendicantes, irmáns que tiñan un convento da orde franciscana tan próximo como aquel de Santo Antonio da Pobra, no Xobre. Xusto na península sita de fronte á localización que tivo orixinariamente este ben enfeitado cruceiro na punta de San Lázaro.

Visto que a mediados do século XX foi trasladado de forma arbitraria e presuntamente ilegal ao interior dun xardín privado… e que desde fai uns anos… esta obra que formará sempre parte irrenunciable do Patrimonio Cultural de tod@s como Pobo está medio oculta por hedras e vexetación trepadora, circunstancias que dificultan o paso e ocultan á vista un monumento único (e protexido)… Conviría tomar en consideración a medida de reclamar a súa devolución á titularidade pública e reubicalo en lugar accesible = público.

Non é o único caso de traslado irregular dun BIC nin o único caso da apropiación indebida dun BIC, pero si é este un dos máis chamativos. Ca lei nas mans o que sucede co cruceiro de San Lázaro ten solución.

Por Antonio Gonzalez Millan.

Imaxe de San Xoán o Bautista

CRUCEIRO de NSA. SRA. DE BELÉN ( MOLDES )A POBRA DO CARAMIŇAL

Foi EXPOLIADA na POBRA DO CARAMIÑAL Coñecías esta escultura… ???

Ideas para atraer TURISMO CULTURAL.

#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal#desdepobra#DesdePobra#gallicia#españa#buentiempo#hombre#mujer#fashion#viaje#vacaciines#vacaciones#altacilidad#calidad#clasico#clasica#diseñoclasico

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies