

8 de decembro ás 19.00 h no Teatro Elma: Sergio Pazos presenta Afiando con humor. Entrada de balde
Sergio Pazos estrea unha nova proposta en que afía o humor do país partindo dunha das nosas principais iconas: o afiador. Quen sabe máis do mundo que aqueles que viaxan por el? O actor aproveita que vén de Ourense, coñecida como a “terra da chispa” por ser terra de afiadores, e métese na pel dun deles para contarlle á xente quen son, de onde veñen e onde van estas persoas que sempre percorreron o mundo contando historias do que vían, do que vivían e do que escoitaban.
Afiando con humor é un espectáculo de narración oral baseado nos afiadores, onde se pretende dignificar, recuperar, e falar da súa vida. Unha vida dura, solitaria ás veces, pero unha vida chea de orgullo. E iso si, unha vida chea de historias, algunhas afastadas, outras moi próximas. Ás veces tensas, ás veces tenras, ás veces tristes, ás veces cómicas, pero todas moi humanas e con moito sentimento galego. Non hai que esquecer que o afiador é o primeiro emprendedor, o primeiro autónomo, o primeiro emigrante, ou como dirían naquel anuncio da televisión: “tres nun”. Sergio Pazos tentará sacar “chispas” de humor falando dos afiadores, de personaxes populares e tamén, por que non, da actualidade máis divertida. Iso si, con humor galego, retranca e relatos moi nosos. É ou non é?
Esta actividade está organizada pola Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.
07-12-2019
06-12-2019
05-11-2019
04-12-2019
03-12-2019
02-12-2019
01-12-2019
30-11-2019
29-11-2019
28-11-2019
27-11-2019
26-11-2019
25-11-2019
24-11-2019
23-11-2019
22-11-2019
21-11-2019
19-11-2019
18-11-2019
17-11-2019
16-11-2019
15-11-201
14-11-2019
13-11-2019
12-11-2019
11-11-2019
10-11-2019
09-11-2019
08-11-2019
07-11-2019
06-11-2019
05-11-2019
04-11-2019
03-11-2019
02-11-2019
01-11-2019
31-10-2019
30-10-2019
29-10-2019
28-10-2019
27-10-2019
26-10-2019
25-10-2019
24-10-2019
23-10-2019
22-10-2019
21-10-2019
20-10-2019
19-10-2019
18-10-2019
17-10-2019
16-10-2019
15-10-2019
14-10-2019
13-10-2019
12-10-2019
11-10-2019
10-10-2019
09-10-2019
08-10-2019
07-2019
06-10-2019
05-10-2019
04-10-2019
03-10-2019
02-10-2019
01-10-2019
Domingo 29 de setembro ás 20.00 h no teatro Elma. Entrada de balde
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.
· Creación e interpretación: MARIÁN BAÑOBRE e ISABEL RISCO
· Texto e dirección escénica: SANTIAGO CORTEGOSO
Sempre na vangarda do deseño e as últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco móstranno-la súa última creación, “O furancho”, unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do ambiente hostil en que vivimos.
Sinopse:No noso furancho pódese consumi-lo excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e de complicidade en que o público se empapa coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.
E para quen non bebe alcohol en exceso, no noso balneario Furancho Vitivinícola Rosalía de Castro ofrécense tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha vide que se expande. Cada célula é unha uva que flúe no interior. Cruzámo-las sementes das variedades máis exquisitas para atopa-la combinación perfecta que che proporcione relax e benestar. Todo iso sen produtos químicos nin sulfitos. Ecolóxico 100%.