Vie. Mar 29th, 2024

Fonte do Couto | Rúa do Castelo

Da pedra labrada polo cincel dun canteiro anónimo brota a auga fresca dos mananciais que nacen baixo do vello campo da feira e da horta do galante pazo do Couto.

En 2023, como dende tempos idos, surtida pola fonte da praciña situada a carón do antigo portal que ate o ano 1898 abría á rúa o xardín e a horta da casa fidalga. Augas captadas terras mais arriba e canalizadas cara unha fonte de faciana decorada, pois que, á función propia de infraestructura construida para garantir entre a veciñanza o uso dun subministro de caudal público, non contrariou o empeño de ser unha arquitectura para ornato do rueiro tradicional deste núcleo histórico da Pobra do Deán.

Máis como vedes non sempre foi como chegou ata os nosos días.

Na década de 1980 a obra de fábrica desa primeira fotografía é transformada co aspecto da segunda imaxe. É dicir, pasaría de ser unha construcción de deseño ecléctico, e cun alzado fundamentalmente en morteiro enlucido por cal, a ter unha faciana de corte neoclásica feita con pedra de canteiría labrada.

Non remata aí a nosa sorpresa de hoxe… Mirade. O zócalo da base e a taza do pilón son os orixinais. Mesmo o é parte do muro onde encastran os dous canos de bronce. Máis esa cornixa con molduras e frontón apaisado que actúan de remate proceden da antiga fonte que, ata daquela, abreu no muro da gran finca do exconvento de Santo Antonio do Xobre. | Aquela fonte exterior da muralla do convento témola xa documentada por manuscritos nas décadas dos anos 70 e 90 do século XV.

Naquel solar edificouse unha urbanización de vivendas. Obviamente, a data grabada hoxe na fronte desta fonte leva a engano ou erro si o que se pretendese fose situa-la súa obra nunha cronoloxía exacta. O probable é que se refira á data da anterior substituida pola actual.

Por Antonio Gonzalez Millan

LUGAR DO INFERNIÑOLavadero de Rosamonde de Santa CruzCORRUBEDOEl río a su paso por Portocarro.

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies