Mié. Dic 7th, 2022

TRABALLOS DE FORXA ANTIGA

Tarde de outono. Tempo ideal para camiñar pausado e atento polo rueiro e polas prazas dun centro urbano resultado da fusión da vila medieval da Pobra do Deán e da vila renacente do Caramiñal. ✍️ Sería durante o derradeiro tercio do século XIX e primeiro do século XX, e como consecuencia dunha rigorosa aplicación do plan de ordenación urbana redactado por Faustino Domínguez Domínguez, o primeiro arquitecto provincial da deputación da Coruña, cando se definiría esta unidade xeral do que se ven chamando «arquitectura tradicional» daquela moderna Pobra do Caramiñal.

Na nosa visita observaremos unha maioría de inmobles compostos, en orixe e en xeral, de baixo e ata dúas prantas. Cun alzado das fachadas principais de marcada uniformidade: (1) Emprego de sillares de canteiría nos zócalos, esquinas, liñas de impostas, cornixas, e no enmarcamentos das portas e ventanas; (2) Emprego de cachotería revocada por grosas capas de cal nos panos dos muros exteriores; (3) Distribución simétrica da apertura dos ocos, e estes cun formato vertical, así para portas como para ventanas; (4) Sendo co tempo frecuente o engadido dun novo piso superior aberto a un corredor, elemento que as mais das veces foi logo pechado por galerías de madeira e vidro, primeiro, e de fundición industrial, en datas posteriores.

Ao acerto do terse sometido o construido a liñas, alturas e volumes regularizados débelle A Pobra do Caramiñal de hoxe o seu tipismo nas grandes rúas e prazas herdadas: respondendo a conceptos de espazo, de edificabilidade e de deseño de inmobles, tanto os de usos públicos como privados, característicos dun urbanismo vilego e dunha estética rexionalista, ecléctica ou, se o prefiren, tradicional.

Tarde de ceo gris e arrecendo con anuncio de choiva. Sons dun vento asubiador no mar e no campo. Ameazantes crestas graníticas na serra. Motivadora para recoller en imaxes unha breve escolma de elementos utilitarios ainda conservados a pesar de modas, de cambio de gustos, expolios e actos vandálicos.

Dando por suposto que a maioría temos na mente as reixas artísticas dalgún monumento como o templo de Santiago do Deán, é dicir, as existentes na Capela da Transfiguración ou de Saco Bolaño ou do Sacro, pois por todas estas denominacións se coñece (século XVII, pero con reformas posteriores, c. 1800) e na Capela do Santuario de Xesús Nazareno (1806)… e, igualmente, as fermosas galerías en serie saídas da producción industrial das vellas funcións de Carril e Vilagarcía, presentes no que era o Casino, nas residencias burguesas de fomentadores cataláns no barrio dos Areos, na Casa do Concello… nesta ocasión quixenos por en valor algúns traballos de forxa artesanal e de ferreiros, oficios tempos atrás tan activos nas nosas vilas. No Antigo Réxime as súas actividades profesionais eran tan importantes que promoverían o tráfico e o mercadeo do ferro «de viscainos» ou a fabricación e arranxo das ferranentas de canteiros e labregos na feira do antigo priorado de Nsa. Sra. da Mercé (Posmarcos), en especial, durante os séculos XVII e XVIII. Velaí un, outro, oficio para rescatar.

Por Antonio Gonzalez Millan

Sol en octubre.Cruceiro de Avuin.Historias da Guerra inCivil (1936-39)
AZUL.

#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal #desdepobra #DesdePobra #gallicia #españa #buentiempo #hombre #mujer #fashion #viaje #vacaciines #vacaciones #altacilidad #calidad #clasico #clasica #diseñoclasico#TurismoAPobradoCaramiñal #ocio #lecer #experienciademarisqueo #ríodasPedras #rutasenbarco #Galicia

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies