Dom. Oct 2nd, 2022
O SÉCULO XVIII
Corría o año de 1754 cando Francisco Colmenero publica El Carmelo Ilustrado, con Favores de la Reyna de los Ángeles, con Indulgencias, y Privilegios, con Tropheos, y esclarecidas Virtudes de sus Hijos, libro curioso e de marcado acento popular. Os seus contidos resultan de manifesta intencionalidade apoloxética, consecuencia do impulso vivido daquela por este culto mariano no antigo Reino de Galicia, desde que en 1726 o Papa Benedito XIII se estende a toda a Igrexa Católica a devoción que conmemora a aparición da Virxe do Carme a San Simón Stock, sexto Xeneral da Orde do Carmelo, a quen revelou que manifestaría protección particular ás persoas que vestisen o seu hábito ou escapulario.
De especial interese para nós teñen dous relatos nos que alude a sucesos milagrosos atribuídos polo autor e as testemuñas de que se serve «a la Divina Omnipresencia por la intercesión poderosa de la Virgen Santísima del Carmen», acaecidos na nosa localidade nos anos de 1751 e 1752, aos que asistiron as veciñanzas do Caramiñal e da Pobra do Deán. Reproducimos, polo especial interese dos seus datos, o sucedido na ría da Arousa e nesta freguesía. Di así:
Libertó Maria Santissima de el Carmen
á diversas Personas de una furiosa tempestad, que se levantó en el Mar.
«En el mes de Abril de el año passado, de mil setecientos y cinquenta y dos, caminaban diversas Personas en una embarcación, desde la Villa de Villa- Nueva, junto á Cambados, á la de la Puebla de el Deán, y en medio de la Ría se levantó una tan pavorosa tempestad, que todos se vieron en el mas evidente peligro de ser sumergidos de las aguas, avia entrado tanta en el Barco, que les daba yá por las rodillas, las olas, que por todas partes los cubrían, parecían amenazas, que los querían tragar; en tanto conflicto, y desconsuelo, todos á una vez (serían más de quarenta) clamaban con imponderables ansias, invocando el patrocinio sagrado de la Virgen Santissima de el Carmen, cuyo Escapulario vestian, en fuerza de la universal devoción, que en todos aquellos Países tienen con la Divina señora, y luego experimentaron el amparo de su Piedad Soberana, aviendo cesado la tempestad, y aportaron á la Puebla de el Deán, en donde inmediatamente que salieron, fueron a dar gracias á la Reyna de los Ángeles, en la Parroquial de aquella Villa, en donde fue publivo, y notorio este suceso, y sus Vecinos, que estaban á la vista, tuvieron por gran maravilla, el que se huviesse salvado la embarcación…».

Imaxe da Virxe do Carme
Fotografía: Abelardo Soler Torrente (ABSO)


Á vista de semellantes acontecementos non se fixeron esperar as consecuencias devocionais e artísticas promovidas pola excitada piedade da veciñanza. Baste recordar algunhas efemérides que están directamente vinculadas coa manifestación destes feitos extraordinarios. Así, a fundación canónica da confraría de N sa . S ra . do Carme nesta parroquia, o 18 de novembro de 1751, onde intervén o propio Francisco Castro; ou a ofrenda de don Xoán Mariño Romero de Moscoso, señor do pazo do Couto, dunhas lámpadas de prata para alumear a imaxe da Virxe aquel mesmo año.
Debemos lembrar tamén que en abril de 1752 se fundase no Caramiñal a confraría de Ánimas, cun altar consagrado ao Carmelo, feito a expensas do Gremio de Mareantes daquela vila. Período cronolóxico que coincide coa conclusión do grande edificio conventual do Carme de Padrón (1724-1752), para o que contribuíron, cedendo os terreos necesarios aos seus edificios e costeando o seu luxoso retablo maior,
sucesivos titulares da Casa de Xunqueiras. Dende logo, a dedicación en 1766 doutro retablo dedicado á Virxe do Carme en Sta. María A Antiga do Caramiñal é un broche digno nesta sucesión de iniciativas.
En consonancia con tan profesa efervescencia devocional cara a Virxe do Carme, e atentos a freguesía e o seu reitor ao prestixio e decoro requiridos para a sede alciprestal de Posmarcos en Santiago do Deán, acométese agora a renovación do mobiliario litúrxico e da imaxinería daquela primitiva capela gótica. Obra que, con xustiza, haberemos de interpretar como epílogo á serie de empeños do liñaxudo don Carlos Maneiro San Mamed (1725-1753), sacerdote culto e gran mecenas das artes, xeneroso coas necesidades para engrandecemento do templo que administra. En estudos anteriores temos documentado o excepcional conxunto de novos retablos e intervencións edilicias que promove, consagrados ao patrón Santiago e á Virxe do Pilar (1744-1745), á Virxe da Soidade (1748), a N sa . S ra . da Concepción (1750-1751), a San Xoán Bautista (1752), o monumento con pinturas para a Semana Santa, sendo o tamén entón dedicado ao Carmelo (1752) o último deles antes de ser ascendido a cóengo prebendado da SAMI de Santiago. Permanecendo enterrado no claustro da catedral en 2022.
Relatemos a historia do sucedido. O 29 de marzo de 1752 subscríbese na cidade de Compostela un acordo polo que se da licenza para instalar aquí un retablo novo.
Dunha parte, don Carlos Maneiro San Mamed, reitor e cura propio da Pobra do Deán, quen consta ser secretario de Cámara do Ilustrísimo Sr. D. Bartolomé Rajoy y Losada, arcebispo compostelán, e doutra, don Fernando Cancela Varela e Mariño, presbítero de Santiago, como administrador xeral dos estados de Amarante e Parga segundo poder outorgado pola señora dona María Josepha de los Cobos Bolaño Rivadeneira, condesa de Amarante e marquesa da Pobra de Parga, viúva do señor don Fernando Gayoso Arias Ozores López de Lemos, conde que fora de Amarante, marqués de San Miguel das Penas, vizconde de Ferreira, de Xunqueiras e de Santo Estevo de Oca etcétera, acordan que na capela de Santo Antón Abade se fabrique un altar novo e se coloque nel a imaxe de N sa . S ra . do Carme. O convenio foi recollido en escritura pública ante Cristóbal Rodríguez de Lagoa, escribán da súa maxestade.
Da lectura do documento localizado sabemos que «el altar nuevo que se ha de colocar» e que xa «se está fabricando» é unha intervención que «pretende el referido cura actual por devoción de varios fieles». Sendo que se lles da licencia para colocar a imaxe da Virxe do Carme poñendo a Santo Antonio Abade e a súa efixie no alto coas condicións seguintes:

Primeira.- «Que el altar nuevo y la Santa Imagen de san Antonio Abad ha de quedar siempre con este nombre, y por Patrona dicha señora condesa como señora de la casa de Junqueras».
Segunda.- «Que el asiento que está pegado a dicha capilla ha de ser inalterable, sin que de ningún modo ni con ningún pretexto se pueda separar ni apartar de allí. Confesando como confiesa dicho cura actual que está en esta antiquísima posesión de ocuparlo la familia de la casa de Junqueras siempre que quieren usar de este derecho».
Terceira.- «Que las Armas y Blasones de dicha casa con una inscripción muy Antigua de letra Gótica donde se dice estar allí enterrado Martin de Junqueras han de quedar inviolablemente y para perpetuamente».
Cuarta.- «Y la última que la tarima echa con separación para sentarse las mujeres de la dicha Familia la puedan ocupar cada y cuando gustaren, y que en el altar nuevo, al pie de la efixie de s n . Antonio se ha de poner un escudo de las Armas de dicha casa, según y cómo están en el asiento y en los demás sitios, y como más le pareciere».
Fatalmente perdido aquel retablo de período barroco, debemos imaxinarnos o empaque da súa arquitectura e a finura dos seus labores de escultura e de policromía admirando o conservado na capela da antiga confraría de clérigos de N sa . S ra . da Concepción, obrado pouco antes daquel. É o único existente hoxe no lateral da Epístola do templo.

POR ANTONIO GONZALEZ MILLAN

PUBLICADO EN O BARBANZA

“A Capela da Virxe do Carme, séculos antes de santo Antón Abade, instituida no templo de Santiago da Pobra do Deán I”. Antonio González MillánMortajas, Nazareno 2022, Pobra do Caramiñal
Nazareno 2022Sabado de Nazareno 2022

#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal #desdepobra #DesdePobra #gallicia #españa #buentiempo #hombre #mujer #fashion #viaje #vacaciines #vacaciones #altacilidad #calidad #clasico 

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies