En 19 de novembro de 1957 finaba Josefina Blanco Tejerina, sendo sepultada en Santa Mariña de Dozó, a carón de seu fillo Xaquín del Valle-Inclán Blanco, neno de meses falecido de enfermedade na vila de Cambados.
Un ano máis o Concello de Cambados, polo concelleiro de cultura Liso González, o Foro Galicia e Valle-Inclán, polo presidente Xaquín del Valle-Inclán Alsina, e o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, polo director Antonio González Millán, rendíronlle homenaxe cunha ofrenda floral depositada nas súas sepulturas.
Josefina Blanco, nena prodixio nos escenarios e actriz apreciada polas principais compañías de Teatro españolas, protagonizaría éxitos e participaría en xiras teatrais así no país como na América Latina. Perfil profesional marcado por un tipo de personaxe, a figura de «inxenua» no que é moi valorada nas crónicas da época. Permanecendo activa dende os anos fináis do século XIX ata a primeira década do XX.
Muller do escritor Ramón del Valle-Inclán, con quen tivo seis fillos (cinco chegarían á idade adulta), opta voluntariamente por abandonar a escena como actriz por estar disconforme en ser limitada ao tipo de personaxe que se lle ofrecía. Retiro para asumir a responsabilidade de nai e que lle permite ser a segura correctora e leal copiadora dos textos manuscritos do seu marido, administradora de negocios rendibles como o vitivinícola no Casal da Mercé etc. Sendo que, avanzados os anos, en 1932 será das primeras mulleres de España en acollerse á lei de divorcio promovida pola II Republica, con Clara Campoamor como avogada de parte demandante, separándose de Ramón.







