Vie. Feb 3rd, 2023

MALTRATO Á MEMORIA DO NOTABLE PINTOR POBRENSE RAFAEL RODRIGUEZ BAIXERAS

A mala educación e o vandalismo vánsenos das mans. Lamento moi profundamente que este sexa o aspecto que ofrece a estela coa que A Pobra do Caramiñal lembra no parque dado co seu nome a un pintor contemporáneo de prestixio internacional. Fillo Predilecto con berce no paseo dos Areos – O Caramiñal.

Rafael Rodríguez Baixeras (A Pobra do Caramiñal, 19.11.1947 – Segovia, 25.11.1989) foi recoñecido en sucesivos actos públicos na vila onde naceu, anos 1999 e 2000. Esta estela, ao presente lamentablemente vandalizada por memes alleos a todo respecto pola cultura e polo patrimonio público, sen castigo, foi erixida un 24 de novembro de 1999, cando se cumpria o décimo aniversario do pasamento dun pintor do que deberíamos sentirnos orgullosos.

Admiramos unha das súas obras de arte, «pecera» (1970), que transmite o xubilo dos seus momentos máis felices, despregue desa vitalidade que pronto inclúe a súa participación nas bienais de Sao Paulo e París. Propuxemos reproducila na estela de pedra de grao en parte policromada que lembra o seu nome. No acto estivemos presentes personas promotoras e facedoras de sucesivas homenaxes na Pobra do Caramiñal: Teresa Fernández de Castro (viuva súa), Xavier Rodriguez Baixeras (irmá seu), Jesús Mazariegos (especialista na biografía e creación de Rafa Baixeras), Miguel Fernández Cid (crítico de arte e director do Centro Galego de Arte Contemporánea), Isaac Maceiras Rivas (entón Alcalde) e quen escribe (entón Concelleiro de Cultura e Turismo).

O propio pai de Rafa Baixeras lembraría as circunstancias do seu nacemento na (súa) e nosa Vila nos seguintes termos: «La Puebla del Caramiñal es semicircular. Vivíamos en el Caramiñal y el médico en la parte contraria. Con cierta anticipación tuve que ir a buscar al médico. Tenía que recorrer todo el pueblo. La noche, cosa rara, era una noche sin nada de temporal, una noche muy tranquila. Apenas se oía el ruido de las barcas que surcaban la ría a aquellas horas; sólo se oía el movimiento de los remos. La luna era completamente abierta, de modo que era agradabilísimo el paseo a aquellas horas, con aquella temperatura y en aquellas circunstancias. Rafael nació a la una.

Yo le recordaba muchas veces estas circunstancias y le decía: «Tú tienes que ser pintor, porque las circunstancias en las que naciste fueron las propias de un artista».

Asquea a proliferación de actos vandálicos. A cidadanía cun mínimo de cultura, sen dúbida, terminamos sentindo vergoña allea pola mala imaxe que ofrecemos como pobo de bestas que atentan contra un patrimonio público que é de todos. Fagamos votos comúns pola pronta rehabilitación desta singular obra de arte.

Por Antonio Gonzalez Millan.

ORANGE SPIRIT.Río Pedras.MARIA PITA
COPPENAME

#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal #desdepobra #DesdePobra #gallicia #españa #buentiempo #hombre #mujer #fashion #viaje #vacaciines #vacaciones #altacilidad #calidad #clasico

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies