Archivo de la categoría: AMIGOS MUSEO VALLE-INCLAN

UN PASEO POLO MUSEO VALLE-INCLÁN

Acollido nunha casa palaciana que afunde as súas raíces no século XVI e que ostenta o título de Monumento Nacional desde 1976, áchase o Museo Valle-Inclán, un museo que ofrece ó visitante un completo percorrido por todo aquilo que ten que ver coa figura do gran don Ramón María del Valle-Inclán. Tan maxestosa construción en pleno centro urbano pobrense, cuxa execución debemos ó mestre Rodrigo Gil de Hontañón, pertenceu ós pais do escritor ata o momento da súa venda a un industrial da zona no ano 1898. Recuperar a Torre de Bermúdez, nome co que tamén é coñecido este singular edificio, foi un dos soños non cumpridos na vida de don Ramón, e como resposta a ese desexo tantas veces por el manifestado, promoveu no seu día o concello pobrense unha iniciativa que, coa colaboración de institucións públicas e privadas, lle permitiu mercar o que quedaba en pé do edificio, restauralo, e iniciar a andadura desta casa museística dedicada a don Ramón, abrindo as súas portas como tal e por primeira vez ó público, no ano 1981.

Iniciamos o percorrido pola sala Arousa que, presidida por unha fotografía de Valle-Inclán paseando por Madrid, nos permite coñecer os antecedentes familiares e literarios do escritor a través das figuras de don Francisco del Valle-Inclán, antepasado fundador e redactor do primeiro xornal galego, “O catón compostelano”, e de don Ramón del Valle Bermúdez, pai do autor das “Sonatas”, natural da Pobra e recoñecido investigador que tamén fixo aportacións á literatura no campo da poesía. Esta estancia sitúanos ademais no nacemento do autor, un 28 de outubro de 1866, os seus primeiros anos, o seu paso pola universidade, e os seus primeiros traballos como escritor.

Na sala presidida polo Marqués de Bradomín, ademais de mobles orixinarios que pertenceron á familia de Valle cando a súa residencia en Madrid, temos documentos que recordan algúns momentos especialmente relevantes na vida do creador do esperpento, como o que foi asinado no ano 1899 polo doutor Manuel Barragán certificando a amputación do brazo esquerdo de don Ramón. Os muros deste espacio exhiben algunhas enxeñosas representacións dunha das personaxes literarias máis caracterizadas no mundo das belas artes, con exemplos certamente creativos, como a caricatura asinada por Cebreiro, que ten a particularidade de ter sido executada nun só trazo.
Sen saír da torre chegamos ó espazo chamado Viana del Prior, nome co que o dramaturgo denominaba á Pobra do Caramiñal cando a facía servir de pano de fondo para as súas narracións. Unha mostra de fotografías dos anos 30-40 permiten situarse na Pobra de Valle-Inclán, e interesantes testimonios, como a acta fundacional dun sindicato agrario co seu regulamento, a súa mesa escritorio de cando residía en Villa Eugenia e unha colección de obxectos persoais que inclúen o seu sombreiro, lévannos a dar un paseo polo tempo en que don Ramón María del Valle-Inclán residía na vila pobrense.

A seguinte estancia é a sala Max Estrella, nome dunha das personaxes máis coñecidas da creación literaria de Valle no campo do teatro. O espazo aparece presidido por un gran expositor que amosa as vestimentas dalgúns dos protagonistas das obras tetrais creadas polo escritor. Especial relevancia ten tamén a vitrina na que se exhibe a colección “Opera Omnia” que foi publicada baixo a completa supervisión do autor, e un espacio no que se expoñen varias pezas conmemorativas de diferentes aspectos e momentos na vida de don Ramón, como modelados de Sargadelos de edición limitada, pezas de filatelia, ou o marca páxinas que evoca a data na que o rei don Xoán Carlos impón o título de Marqués de Bradomín ó primoxénito do creador das “Sonatas”.

No derradeiro tramo do percorrido polas instalacións do Museo Valle-Inclán, logo de pasar por unha pequena sala de proxección audiovisual, chegamos á estancia que chamamos “Valle-Inclán e o seu tempo”, que acolle entre as súas paredes unha colección de proxectores antigos e unha sucesión de paneis que nos permiten coñecer máis fondamente as vivencias, anécdotas, e pequenas mostras da obra valleinclanesca, chamando especialmente a atención do visitante o que transcribe o poema titulado “Testamento”.

Homenaxe tradicional a D. Ramón del Valle-Inclán

Homenaxe tradicional a D. Ramón del Valle-Inclán, no día da efeméride do seu pasamento, na cidade de Santiago de Compostela, un 5 de xaneiro de 1936. Esta mañá, reunidos de novo, para realizar a ofrenda floral e pronunciar as palabras de recoñecemento e de respeto ao autor máis internacional de Galicia, xenio e figura, símbolo do país onte, hoxe, no futuro, a carón da súa sepultura. Cemiterio civil de Boisaca.

Convocados pola Consellería de Cultura e Turismo – Dirección Xeral de Políticas Culturais, participaron, sendo moit@s máis @s asistentes:

– Conselleiro de Cultura e Turismo
– Director Xeral de Políticas Culturais
– Alcalde de Santiago de Compostela
– Alcalde da Pobra do Caramiñal
– Presidente da A.C. Amigos de Valle-Inclán
– Representantes Fundación Valle-Inclán
– Representantes do Ateneo de Santiago
– Director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

Raiaba o sol entre os mirtos e cipreses para iluminar a lousa granítica da arca valleinclaniana. E os actos e as palabras de voces unánimes fixeron honor a aquel «galego extraordinario» chamado D. Ramón del Valle-Inclán «o fillo de Galicia que máis se lle parecía», «o mellor artista nacido en Galicia» 

HOMENAXE INSTITUCIONAL A D. RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN

Comezamos este 2019 cunha nova de actualidade que vos participamos por ofrecer seguro interese.

Este sábado, día 5 de xaneiro, ás 13:00 horas, sendo convocados pola Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, como Museo Valle-Inclán decano en España, participaremos do acto de homenaxe a D. Ramón del Valle-Inclán que se celebrará no cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela.

Como de seguro sabedes, o escritor falecía no sanatorio do doutor Villar Iglesias un 5 de xaneiro de 1936 logo de experimentar unha longa enfermidade, e así, como xenio e figura da literatura mundial e como referente principal da imaxe de Galicia entre nós e alén nós, foi sepultado en loor de multitude no cemiterio civil da capital galega. O propio sentir e a voz doutro arousá ilustre, A. D. Castelao, incorpora a lembranza admirativa que sente por D. Ramón del Valle-Inclán no seu lembrado discurso Alba de Gloria como membro destacado da santa compaña de galegos inmortais; personalidade literaria e humana á que define publicamente como “galego extraordinario” e “o mellor artista de Galicia”.

Na efeméride do pasamento de tan excepcional figura é tradición, desde 1986 e na actualidade, reunir a institucións, entidades académicas, museos e asociacións valleinclanianas, en torno da súa sepultura, para celebrar xuntos un acto público que testemuñe o noso recoñecemento á vixencia das súas creacións, textos de calidades únicas como universais.

Entre os asistentes: Roman Rodríguez González, conselleiro de Cultura e Turismo, Ánxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de Políticas Culturais, Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández Fernández, voceiro do PP no concello da cidade, Xaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do autor e presidente da asociación cultural Amigos de Valle-Inclán, Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

Están convocados igualmente a fundación Valle-Inclán e a cátedra Valle-Inclán da USC, ademais da fundación E. Granell e o Ateneo de Santiago, como entidades que xunto co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal son promotoras de actividades sobre o escritor na capital galega.

Restauración de escultura do século XVIII.

MUSEO VALLE-INCLÁN

Restauración de escultura do século XVIII.

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ven de restaurar unha escultura do século XVIII. Dentro das iniciativas promovidas por este centro, as medidas de adquisición, a conservación e o restauro de fondos patrimoniais da súa colección, son unha das funcións prioritarias das labores diarias da Casa Museo.

Así, logo de que o proxecto técnico para acometer a intervención acadase a preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural – Xunta de Galicia, a firma Alfa Restauración de Santiago de Compostela, encargouse da posta en valor desta peza de arte de alta época. 

Trátase dunha imaxe que representa a San Xoán Evanxelista, o padroeiro dos escritores, que foi tallada en madeira de castiñeiro e policromada con vivos colores no período 1760-1770.

Precisamente, durante as labores de restauración puidéronse eliminar grosas capas de verniz e de pinturas escuras, así como unha falsa peana, que desfiguraban o concepto primitivo da talla, devolvéndose á figura as carnacións e as cores do vestiario orixinal do século XVIII.

Dos traballos a que foi sometida esta peza singular queda no Museo o documento de memoria da restauración profesional a que foi sometida.

Desde este mércores, 19 de decembro, e durante todo o mes de xaneiro de 2019, a talla recuperada permanecerá exposta ao público dentro das salas da Torre de Bermúdez, co fin de animar as visitas interesadas polo patrimonio cultural nun período vacacional dado ao lecer familiar.

            Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal

AMIGOS DO MUSEO VALLE-INCLÁN 2018

AMIGOS DO MUSEO VALLE-INCLÁN 2018

Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

Xornadas de homenaxe a Valle-Inclán

IMG-20180307-WA0007Homenaxe a Valle-Inclán en Santiago


 

Homenaxe a Valle-Inclán en Santiago

Homenaxe a Valle-Inclán en Santiago
Desde un 6 de xaneiro de 1936 está sepultado no xardín do cemiterio de Boisaca.
Homenaxe que en 2018 suma XVIII Edicións, convocada cada ano pola Fundación Eugenio Granell en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Lembrando con este acto público a arribada de Valle-Inclán á cidade un 7 de marzo de 1935, a que sería derradeira estadía do artista en Galicia, ata falecer un 5 de xaneiro de 1936.
 Na fotografía. A escultura dedicada polo Concello de Santiago a don Ramón del Valle-Inclán, na Alameda, obra de César Lombera, durante a imposición da bufanda vermella e participantes da lectura de textos literarios seus inspirados en Compostela.
Entre outras persoas e entidades do mundo da escena, das letras e da cultura, da capital galega.
Joaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do escritor obxeto da homenaxe, investigador, presidente da Asociación Amigos de Valle-Inclán
Xoán Xosé Fernández Abella, escritor – colaborador do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal
Roberto Leal, director teatral & actor
Eduardo Baliñas, Conservador Xefe do Museo Fundación Eugenio Granell
Tareixa Navaza e Mercedes Rosón, do Padroado da Fundación Eugenio Granell
Pilar Sampedro, do Ateneo de Santiago
INCOLSA – Turismo de Santiago
Representantes de todos los grupos municipales del Concello de Santiago de Compostela
Fefa Noia, Directora do Centro Dramático Galego
Anxo M. Lorenzo Suárez, Secretario Xeral de Cultura – Xunta de Galicia
28576851_1517475361684891_7730078299916922662_n 28783487_1517475358351558_5543267440030341280_n IMG-20180307-WA0007 IMG-20180307-WA0008 IMG-20180307-WA0009 IMG-20180307-WA0010

GALERÍA 2018

GALERÍA 2018

Esta imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es Os-Fabulosos-Cleaners-724x1024.jpg

NADAL CULTURAL

Esta imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es PEPO-1024x724.jpg

PEPO SUEVOS “HUMOR SALVAXE”.

Las Niñas de la risa “Un show a cobro revertido”

Exposición SonAgasallo na Pobra

PEDRO BRANDARÍZ   “TECNOLOXÍA? NON GRAZAS”.

MONOLOGANDO ELMA

MALASOMBRA   “D.E.P. Unha comedia de morte”

DOMINGOS DE TEATRO

“CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA”

ASOCIACIÓN MUSICAL DE AGUIÑO “ALBÉNIZ”

PISTACATRO “OUTONO

OLLADAS NA RÚA III

PROGRAMACIÓN DE LAS FIESTAS PINCHEIROS 2018

A GRAMOLA GOMINOLA “CANCIÓNS PARA DESAFINAR”

“Rogue one: Una historia de Star Wars”

CINE NA RÚA “KONG, LA ISLA CALAVERA”

CINE NA RÚA: “P3K PINOCHO 3000”

GRAN PEDRINI  “COAS MANS NA MAXIA”

CINE NA RÚA  “O BOSQUE  ANIMADO”

PROCESIÓN CARMEN DEL CASTELO 2018

 MAXIA DE BENXAMÍN

CARMEN DO CASTELO 2018

365 DÍAS, 365 IMÁGENES (JULIO 2018)

NOCHE DE SAN JUAN 2018

Patricia Mallo gaña o I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Verán Cultural  2018

IMG-20180610-WA0044_fhdrSANTISMO CASTELO 2018

SANTISIMO CARAMIÑAL 2018 (64)CORPUS CHISTI 2018

Invitaci.Bandaseca (3)Exposición 40 Aniversario do CEP Salustiano Rey Eiras

expo 40 aniversario-concello3 (1)CEP SALUSTIANO REY EIRAS ESTÁ DE ANIVERSARIO.

teatro do porvisoTEATRO DO PORVISO (CPI DOS DICES-ROIS) “A TABERNA DO CHATO”

DINAMOEspectáculo de humor

feira 2018FEIRA “ARTE NA VILA”

PaporrubioOS XOGOS POPULARES DE PAPORRUBIO

PulpiñoLA MUSICLETA

1SANTISIMO 2018

ODAIKO BANDAOdaiko

TALIATALÍA TEATRO “PELOS NA LINGUA”

Cartel Pobra 1«AFOUZARTE»

maio 2018Teatro Elma

CIRCO GALAICO (1)Títeres Alakrán presenta «Circo Galaico» na Pobra do Caramiñal

SARABELA» Normas para saber vivir na sociedade actual»

RADIO BULEBULE

PACO NOGUEIRAS “RADIO BULEBULE”

cartel Libertas convida Libertas “Libertas”

QUICOQuico Cadaval «Fantasmas Familiares»

catamaranSS2018Parque Nacional Marítimo

festiborskaFESTIVAL INFANTIL “BORISKA”

NACIDAS LIBRES“NACIDAS LIBRES”

cartel ambarAMBAR “35 Anos de Vida e Emoción”

CASOTA DO FUCIÑOCASOTA DO FUCIÑO

NAVEGANDO EN EL ARROAS

NAVEGANDO POR LA RIA DE AROSA

cartel rosalia de castro a pobra (1) rosalia 18ACTOS DE CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO NA POBRA DO CARAMIÑAL

Javier HermoEXPOSICIÓN DE PINTURA DE JAVIER HERMO LIJÓ «LENDAS»»

entroido 2018-01Entroido na Pobra

INVIERNO 21-01-2018INVIERNO 21-01-2018

PONTE DAS TARAS 14-01-2018PONTE DAS TARAS 14-01-2018

Retrincos CastelaoXANEIRO: MES DE CASTELAO

05-01-2018 REYES05-01-2018 REYES

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (ENERO 2018)365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (ENERO 2018)


 

O rei e o bufón nas Comedias Bárbaras

Sábado 28 de outubro ás 20:30 h no Auditorio do Museo Valle-Inclán, Quico Cadaval dará unha conferencia baixo o título: «O rei e o bufón nas Comedias Bárbaras». Será o broche final ás  XIX Xornadas en Homenaxe a Valle-Inclán.

A entrada será gratuíta, ata completar cabida.

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal

Programaciónfinal