Mar. Mar 19th, 2024

O municipio da Pobra do Caramiñal volve protagonizar unha incidencia grave que afecta o patrimonio cultural de Galicia. Despois dos dous últimos roubos de esculturas en pedra, estamos a referirnos aos que afectaron ás imagenes de San Juan Bautista (século XVII), esta subtraída no barrio de San Lázaro previo traslado a mediados da pasada centuria desde o Cruceiro da Banda, o seu emprazamento orixinal, e á da Virxe co Neno (finais do século XVI), estoutra subtraída do Cruceiro Novo, parece que achegándonos ao final do ano 2022 os atentados patrimoniais soben de escala no ámbito local.

É agora cando percibimos que unha das imaxes icónicas do fenómeno das peregrinacións na antiga Terra de Santiago, a do Apóstolo sedente que preside a ábsida do templo gótico de Santiago dá Pobra do Deán, apareceu removida, virada, desprazada da súa posición orixinal e, quizais, aínda non expoliada ante os seus varios centos quilos de peso. Cuestión de tempo, vista a suma e segue de incidencias, ocorrencias, vandalismo, manipulacións interesadas do camiño real e desaparicións que modernamente afectan a un patrimonio histórico e artístico, público, de todos, por determinada lareira onde as accións da delincuencia parecen fáciles dada a frecuencia dos seus actos.

Isto que estamos a denunciar é bastante preocupante. Dada a importancia testemuñal desta escultura. Daqueloutras dúas imaxes subtraídas aquí sabemos que logo foron abandonadas en lugares agrestes, alleos a miradas que puidesen identificar os autores dos seus espolios contra o patrimonio cultural, onde foron localizadas e identificadas polas forzas de seguridade. Con todo, para sorpresa de quen siga o devir dos acontecementos, a pesar do tempo transcorrido tras a súa devolución e do que dispón a lexislación que protexe a estes bens culturais, aínda seguen fóra dos seus emprazamentos orixinais.

Seguindo os estudos publicados polo historiador Antonio González Millán, profesional con frecuente dedicación aos labores de documentalista en proxectos de catalogación do patrimonio cultural de Galicia, esta escultura, imaxe pétrea de Santiago con veladas trazas de policromomía no seu reverso, corresponde ao período gótico. Inspirada no modelo ofrecido polas efixies sedentes do Apóstolo que presiden o Pórtico da Gloria e o Altar maior da Catedral compostelá. Como aquelas viste panos clásicos, senta sobre unha catedra e porta o seu característico báculo en tau, empregado como signo da súa autoridade de prelado, mentres desprega a cartela do título ou texto borrado que o identificaba á súa dereita. Trátase dun tipo escultorico revival das icónicas imagenes románicas citadas pero labrada co deseño abstracto e o acabado sumario presente nunha serie de pezas dedicadas a este culto en tempos góticos. Segundo a análise publicada por González Millán no Xacobeo de 1999, e no de 2020, esta ameazada escultura de Santiago da Pobra do Deán está datada no último cuarto do século XIV. Sendo estas contadas imaxes medievais adscritas a importantes vilas de paso dun antigo camiño de peregrinación: Santiago, Pontevedra, Noia, Pontedeume, Rivadavia. Datos cos que coincide o catedrático de arte medieval da USC, Ramón Yzquierdo.

Por responsabilidade, por lóxica e por ética convén depurar responsabilidades sobre o sucedido e repoñer ao seu estado orixinal esta escultura. A lei 4/2016, do 5 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia dispón a competencia das administracións públicas, especificamente, a súa deber para asegurar salvagárdar a, defensa e conservacion daqueles elementos ameazados por unha actuación que tipifica como falta grave: intervir, manipulando e desprazando unha escultura medieval do seu emprazamento producindo danos a este ben protexido. Dano observable nas imaxes que xuntamos á nosa información. Quen ou quen están detrás desta afectación? Promove algunha persoa física ou entidade estas manipulacións que danan un patrimonio histórico e artístico de todos?

#caramiñal#desdepobra#aguiar#imÁgenes#lugares#arenales#xigantes#cabezudos#semana santa #nazareno#PobraDoCaramiñal #desdepobra #DesdePobra #gallicia #españa #buentiempo #hombre #mujer #fashion #viaje #vacaciines #vacaciones #altacilidad #calidad #clasico #clasica

Por admin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies