Archivo por meses: abril 2019

Nós

Sábado 4 de maio ás 21.00 h no teatro Elma

Marcos Teira  Quinteto presenta o seu terceiro traballo discográfico de flamenco/jazz, Nós.

Con este disco pecha  a colección de  traballos de traducir, adaptar e resituar músicas partindo da  linguaxe da guitarra flamenca.

Neste disco participan:

Marcos Teira á guitarra
Alfonso Calvo, ao contrabaixo
Moisés Fernández, ao caixón
Isaías Salazar, no baile
Alejandro Vargas, ao piano

Entrada de balde.

Organiza a concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal  en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Torre de Bermúdez

Polo Real Decreto 249/1976, de 9 de xaneiro, este fermosísimo xoiel está declarado MONUMENTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DE CARÁCTER NACIONAL. Logo da súa rehabilitación funcional, acolle a sede permanente do Museo Valle-Inclán pioneiro no país, inaugurado en 1987. Institución cultural que alberga unha importante colección patrimonial especializada.[16/4 16:50] Antonio Museo: O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiňal súmase á celebración do DÍA INTERNACIONAL DOS MONUMENTOS E SITIOS, ofrecendo ao público unha leción en imaxes sobre o valor patrimonial da Torre de Bermúdez. Palacete de estilo renacentista, construído no período 1540-1540, seguindo trazas e elementos decorativos do círculo do gran mestre de arquitectura Rodrigo Gil de Hontaňón. Sendo o nome de Juan Pérez, artista ao cargo de obras na catedral de Santiago de Compostela e da basílica de Sta. María ou do Gremio de Mareantes de Pontevedra.
Torre de Bermúdez e Museo Valle-Inclán teňen a máxima consideración legal dentro da lexislación estatal e autonómica. Así, por aplicación da Ley do Patrimonio Cultural de Espaňa e igoalmente pola Lei do Patrimonio Cultural de Galicia. Máis, ao carón da tutela legal que determina o ámbito de protección, conservación ou medidas de posta en valor e de rendibilidade sociocomunitaria, o certo é que como símbolo e imaxe do Patrimonio Histórico e Artístico da comarca do Barbanza, merece respeto e medidas consecutivas para a súa mellor e efectiva salvagarda. 
Conscientes de que se defende e protexe aquelo que nos é coňecido, dende este mes de abril e ata xullo, poderá ser disfrutada a exposición: «A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiňal», serie iconográfica composta de 40 láminas de debuxo arqueolóxico inspirada nos adovios e elementos únicos deste edificio monumental, singular ao respecto da Historia da Arquitectura e da Arte para o N.O. da Península Ibérica.[16/4 16:50] Antonio Museo: Respectémola como Monumento impar e contribuiamos a educar ás novas xeracións sobre o significado e coidados que merece como ben de interese cultural e símbolo da alta cultura de Galicia.

MEDALLA CONMEMORATIVA

MEDALLA CONMEMORATIVA

Gonzalo Sánchez Mendizábal

Escultor con obradoiro en Madrid

Bronce

Fundición

9 cm (diámetro) x 1 cm

Doazón do autor

A Torre de Bermúdez, obra civil datada entre 1540 e 1545, foi construída e decorada por un taller de arquitectura instruído nos saberes de Rodrigo Gil de Hontañón, o gran mestre de arquitectura introdutor de solucións castelás nas principais empresas alzadas por aquel entón no antigo reino da Galiza. Un dos seus discípulos, Juan Pérez, o que figura como mestre de obras na catedral de Santiago de Compostela e na basílica do gremio de mareantes de Pontevedra, témolo documentado traballando no Caramiñal.

2016 foi ano que sumaría a dupla efeméride do 150 aniversario do nacemento de Ramón del Valle-Inclán e do 40 aniversario da declaración desta torre dos Valle Bermúdez como Monumento Nacional de carácter Histórico-Artístico, sede dunha colección patrimonial de primeira orde para o país como é o Museo Valle-Inclán. Ámbalas conmemoracións inspirarían esta medalla artística. Así queda constancia nos motivos e lemas que reproduce. Trátase dunha peza artística de calidade e alto sentido simbólico, dedicada a un escritor de prestixio para a literatura mundial e a unha das súas residencias máis queridas e admiradas.

O seu autor, Gonzalo Sánchez Mendizábal, quen ademais de creador é tratadista de escultura, con estudio profesional en Madrid e obras en coleccións de Nova York, Londres, Berlín, Roma, Madrid, deseña unha medalla de canons clásicos. Anverso. Ó centro, efixie do escritor modelada a partir dun retrato de estudio feito polo fotógrafo Alfonso Sánchez Portela en 1932, xirada á súa esquerda. Lenda, escrita en caracteres de estilo modernista, MUSEO DE DN. RAMON MARIA DEL VALLE-INCLAN * MMXVL *. Reverso. Ó centro, tondo clásico coa serea presente na fachada principal do inmóbel, adaptación en pedra dun gravado firmado por Lucas van Leyden. Lenda, MI CASA DE LAS TORRES DE BERMUDEZ * LA CASA MAS BONITA DE GALICIA *. A frase reproducida, pronunciada polo xenial literato galego en declaracións de prensa efectuadas no diario EL PUEBLO GALLEGO, en 1922, testemuña o grande aprecio que o “Señor do Caramiñal” sentía por este palacete renacentista.

2  Medalla final reverso DEFI.jpg

MEDALLA CONMEMORATIVA

Gonzalo Sánchez Mendizábal

Escultor con obrador en Madrid

Bronce

Fundición

9 cm (diámetro) x 1 cm

Donación del autor

La Torre de Bermúdez, obra civil fechada entre 1540 y 1545, fue construida y decorada por un taller de arquitectura instruido en los saberes de Rodrigo Gil de Hontañón, gran maestro de arquitectura introductor de soluciones castellanas en las principales empresas alzadas por aquel entonces en el antiguo reino de Galicia. A uno de sus discípulos, Juan Pérez, quien figura como maestro de obras en la catedral de Santiago de Compostela y en la basílica del gremio de Mareantes de Pontevedra, lo tenemos documentado trabajando en O Caramiñal.

2016 fue año que sumaría la dupla efeméride del 150 aniversario del nacimiento de Ramón del Valle-Inclán y del 40 aniversario de la declaración de esta torre de los Valle Bermúdez como Monumento Nacional de carácter Histórico-Artístico, sede de una colección patrimonial de primer orden para el país como es el Museo Valle-Inclán. Ambas conmemoraciones inspirarían esta medalla artística. Así queda constancia en los motivos y lemas que reproduce. Se trata de una pieza artística de calidad y alto sentido simbólico, dedicada a un escritor de prestigio para la literatura mundial y a una de sus residencias más queridas y admiradas.

Su autor, Gonzalo Sánchez Mendizábal, quien además de creador es tratadista de escultura, con estudio profesional en Madrid y obras en colecciones de Nueva York, Londres, Berlín, Roma, Madrid, diseña una medalla de cánones clásicos. Anverso. Al centro, efigie del escritor modelada a partir de un retrato de estudio hecho por el fotógrafo Alfonso Sánchez Portela en 1932, girada a su izquierda. Leyenda, escrita en caracteres de estilo modernista, MUSEO DE DN. RAMON MARIA DEL VALLE-INCLAN * MMXVL *. Reverso. Al centro, tondo clásico con la sirena presente en la fachada principal del inmueble, adaptación en piedra de un grabado firmado por Lucas van Leyden. Leyenda, MI CASA DE LAS TORRES DE BERMUDEZ * LA CASA MAS BONITA DE GALICIA *. La frase reproducida, pronunciada por el genial literato gallego en declaraciones de prensa efectuadas al diario EL PUEBLO GALLEGO, en 1922, testimonia el gran aprecio que el “Señor del Caramiñal” sentía por este palacete renacentista.

MANOELE DE FELISA

MANOELE DE FELISA

“HOMENAXE ÓS POETAS 20 ANIVERSARIO”

Sábado 6 de abril as 21.00 h no teatro Elma.

Manoele de Felisa, acompañado da súa guitarra, adéntranos nun paseo cronolóxicamente máxico, dende a poesía dos trobadores ata os poetas e poetisas contemporáneos, pasando por clásicos coma Rosalía de Castro, Castelao, Paz Andrade, Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro ou Curros.

Entrada de balde.

Organiza a concellaría de cultura da Pobra do Caramiñal.