TEATRO CALAVERA presenta “FESTA PIRATA NA ILLA CALAVERA”

amigas bucaneiras atopan unha mensaxe de auxilio nunha botella:o pirata Calavera naufragou nunha illa descoñecida, precisa que o rescaten e ofrece como recompensa o seu maior tesouro.

Mary e Anne, ávidas de aventura e riqueza, forman, coa participación das nenas e nenos, a súa tripulación. Xuntas vivirán unha grande aventura na illa para rescatar este pirata, onde, ademais de atopar moitas sorpresas, por Neptuno que levarán a cabo unha gran festa! Aaaar!

Trátase do que en Teatro Calavera denominamos xogacontos: un conto participativo onde procuramos que as nenas e nenos participen e se expresen a través de xogos musicais e bailes, seguindo o fío condutor dunha historia.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal  en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.