W

W

W

.

D

E

S

D

E

P

O

B

R

A

.

C

O

M

PRESENTACIÓN - HEMEROTECA- EL TIEMPO - LEGAL
BIENVENIDOS A DESDEPOBRA.COM  

ADECENTAMENTO E ACONDICIONAMENTO DOS PASEOS MARÍTIMOS DO CONCHIDO, XOBRE E AREAL

Comezaranse de inmediato as actuacións para os arranxos dos paseos seguintes:

  1. CONCHIDO: adecentamento de todo o paseo e limpeza do mesmo, así como pintado e arranxo de todas as farolas, mobiliario urbano, etc...

  2. XOBRE: adecentamento de todo o paseo, arranxo do mobiliario urbano e limpeza e acondicionamento con novos xogos do parque infantil.

  3. AREAL: estase a elaborar un proxecto para cambiar todas as luminarias e brazos das farolas, substituíndoas no seu caso por outras de baixo consumo ao longo de todo o paseo. Adecentarase o mobiliario urbano aumentando o número de papeleiras. Acondicionarase todo o axardinamento e poñeranse oito palmeiras grandes para substituír as que romperon a consecuencia de actos vandálicos.

Os nosos paseos son das infraestruturas que máis uso lle dan os nosos veciños e non é raro ver xente paseando por eles desde a mañá ata a noite, sexan días laborais e, aínda máis, en festivos.
Por isto considéranse que son unhas actuacións moi importantes e que achegan moitos beneficios á poboación, desde ao que lle gusta o paseo relaxado contemplando a paisaxe ata a quen o paseo e sinónimo de exercicio e goza del. Ademais, serven tamén como polos de atracción tanto para xente dos municipios da bisbarra coma para os turistas que se achegan.
Desde o concello seguimos a traballar para que os nosos veciños conten cos mellores servizos e infraestruturas.
Na Pobra do Caramiñal, a 1 de febreiro de 2012.

 

© www.desdepobra.com - ponte en contacto