W

W

W

.

D

E

S

D

E

P

O

B

R

A

.

C

O

M

PRESENTACIÓN - HEMEROTECA- EL TIEMPO - LEGAL
BIENVENIDOS A DESDEPOBRA.COM  

MOSTRA DE PIANO DA ESCOLA DE MÚSICA DA POBRA

Como parte do calendario de actos culturais que van ter lugar na Pobra durante este mes de Nadal, tivo lugar no auditorio do Museo Valle-Inclán unha exhibición musical co piano como insrumento seleccionado para protagonizar este evento. A partir das 20:00 h. e da man de Manuel Sobral como director, os alumnos da Escola de Música actuaron para o público presente interpretando pezas como: Para Elisa, Diabelli vs Mozart ou New York.
No acto estiveron presentes o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas, o concelleiro de turismo, Jesús Dieste, a concelleira de cultura, Encarna González, e o concelleiro de festas, Andres Millán.
A exhibición de música continuará o vindeiro domingo día 11 ás 18:00 h. nas instalacións do Teatro Elma cun festival de Nadal tamén a cargo dos alumnos da Escola de Música da Pobra.

© www.desdepobra.com - ponte en contacto