W

W

W

.

D

E

S

D

E

P

O

B

R

A

.

C

O

M

PRESENTACIÓN - HEMEROTECA- EL TIEMPO - LEGAL
BIENVENIDOS A DESDEPOBRA.COM  

VISITAS MUSEO VALLE INCLÁN

DO 1 DE XANEIRO
Ó 31 DE DECEMBRO

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro deste ano 2011, pasaron polas dependencias do Museo Valle-Inclán, un total de 10.541 persoas procedentes dos máis diversos lugares, non só da xeografía galega, de onde proceden 5.069 das visitas, senón tamén de toda a xeografía española, desde lugares como Madrid, Castela e León, Andalucía, Canarias…, sendo no caso do territorio español a comunidade madrileña o lugar de procedencia do maior número de ususarios con un total 1.524; por detrás de Madrid, situaríase a comunidade de Castela e León con 1.092 orixinarios desta rexión, Andalucía con 683 e Asturias con 414. No que se refire ós chegados desde máis alá da fronteira española, de lugares tan variados como Francia, Inglaterra, Arxentina ou Brasil, o total é de 148.

Se facemos unha comparativa coas cifras que se manexaban en 2010 por esta mesma data de 31 de decembro, cun total de 10.442 persoas, temos un aumento total de 99 visitas, o que nos sitúa en cifras totais de lixeiro aumento.
A tónica xeral na distribución do usuario non disente da de anos anteriores, polo que vemos como son os meses invernais os máis desfavorecidos e segundo avanza a primaveira tamén aumentan as visitas, acadando o seu máximo no mes de agosto con 2.975 persoas.

Especial relevancia tiveron os grupos neste ano 2011, cun total de 117, no que tivo particular importancia o feito de que algunhas axencias se fixeron habituais durante toda a tempada estival, elevando a 75 o número de colectivos promovidos por axencias e turoperadores que pasaron polas instalacións ó longo deste exercicio, dos que máis da metade recorreron á  modalidade de visita guiada concertada; preferindo os outros optar pola visita libre. Tamén nos grupos (coma no caso dos rexistros individuais), foi maioritaria a procedencia das visitas chegadas  desde a área de Madrid, Castela e León e Asturias.
Botando unha ollada ás gráficas tamén podemos facer unha diferenciación clara en canto á época do ano que prefieren a maioría dos colectivos para realizar as súas viaxes,  sendo a partir do mes de maio, durante os meses estivais e comezo de outono cando se rexistran as cifras máis altas, particularmente polo que se refire ás axencias e turoperadores. No tocante ós colexios os meses seleccionados son sobre todo os previos ás vacacións de verán, maio e xuño.

 

© www.desdepobra.com - ponte en contacto