W W W . D E S D E P O B R A . C O M |
![]() |
![]() |
||
|---|---|---|---|---|
| PRESENTACIÓN - HEMEROTECA- EL TIEMPO - LEGAL | ||||
UNHA DELEGACIÓN MEXICANA DE VISITA POLAS TERRAS BARBANZANASAcompañados por representantes da Mancomunidade Arousa Norte e do concello da Pobra do Caramiñal, chegou o domingo 22 de xaneiro un grupo de responsables turísticos e representantes do goberno do país dos aztecas ás terras barbanzanas, coa intención de coñecer os avances turísticos dos últimos anos imprantados na Comunidade Galega. A delegación viña encabezada por Fernando Olivera, Subsecretario de Turismo do Goberno Federal de México, e Mauricio Salmón, Secretario de Turismo do estado de Querétaro. O percorrido continuou durante toda a xornada cunha ruta marítima coa empresa Mar de Aguiño dirixida a coñecer o proceso de cultivo do mexillón arousano, unha presentación dos proxectos turísticos da Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte da man de Monserrat Iglesias Pérez, e un paseo por Corrubedo
|
||||
© www.desdepobra.com - ponte en contacto
|
||||