W W W . D E S D E P O B R A . C O M |
![]() |
![]() ![]() |
||
|---|---|---|---|---|
| PRESENTACIÓN - HEMEROTECA- EL TIEMPO - LEGAL | ||||
OFRENDAS FLORALESDía 1 de novembro van ter lugar as tradicionais ofrendas nos camposantos nos que xacen Victoriano García Martí e don Ramón María del Valle-Inclán. Unha comitiva formada polo alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas, a concelleira de cultura, Encarna González , e a concelleira de servizos sociais, Balbina Lojo, colocarán unha coroa de loureiro ante a tumba de Victoriano no camposanto de O Caramiñal, na Pobra do Caramiñal. Pola súa parte no cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela, e ante a tumba do coñecido escritor Valle-Inclán, estarán a presidenta da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán, Paola García Paz e varios membros máis da asociación, acompañados polo concelleiro de turismo, Jesús Dieste Buceta e representantes de protección civil da Pobra, para colocar a coroa de loureiro do concello da Pobra, e o ramo de flores que habitualmente depositan os amigos do Museo Valle-Inclán. |
||||
© www.desdepobra.com - ponte en contacto
|
||||