W W W . D E S D E P O B R A . C O M |
![]() |
![]() ![]() |
||
|---|---|---|---|---|
| PRESENTACIÓN - HEMEROTECA- EL TIEMPO - LEGAL | ||||
Presentación de “Poñente”, por Pere TobaruelaPere Tobaruela, escritor e xeógrafo de orixe catalán afincado desde hai uns anos nas terras galegas de Rois, achégase novamente ó público pobrense para presentar un título da súa creación: “Poñente”, editado por Edicións Xerais neste ano 2011. Nesta nova obra Tobaruela lévanos a vivir dous momentos distintos da nosa historia recente que se atopan no tempo a través de dúas personaxes tan diferentes como Carme e Josep. Carme é unha profesora dos tempos actuais que, animada por Sarela, decide iniciar unha investigación sobre os industriais cataláns que no século XIX se achegaron ás costas galegas e deron comezo ó asentamento das industrias de salgadura que hoxe en día son tan importantes para a economía de Galicia. Por outra banda, Josep é un daqueles pioneiros cataláns que emigraron cara as terras galegas e colaboraron co crecemento desta forma de economía na beiramar galega. |
||||
© www.desdepobra.com - ponte en contacto
|
||||