W

W

W

.

D

E

S

D

E

P

O

B

R

A

.

C

O

M

PRESENTACIÓN - HEMEROTECA- EL TIEMPO - LEGAL
BIENVENIDOS A DESDEPOBRA.COM  

PRESENTACIÓN DE LIBRO NO AUDITORIO DO MUSEO VALLE INCLÁN

Como unha actividade máis incluída na programación da XIII edición das Xornadas de homenaxe a Valle-Inclán, o venres 21 de outono, no auditorio do Museo Valle-Inclán, vai presentar Ramón Carredano Cobas, o seu libro “Anacaona. El fin de una raza”.
Nacido na localidade de Noia e ligado ó mundo das artes como director da Escola de Teatro de Noia, é ademais autor de varias novelas de corte histórico como “Frei Samuel”, “A unlla da aguia” ou  “Veleno tinto”. A trama de “Anacaona. El fin de una raza”, sitúa a acción no momento en que Cristobal Colón arriba  ás costas americanas por primeira vez e os acontecementos que se suceden a partir daquel intre do ano 1492.
No acto poderemos disfrutar tamén da intervención da monologuista Isabel Beiras. Ambos estarán acompañados polo alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas, a concelleira de Cultura, Encarna González Montemuíño, e a presidenta da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán, Paola García Paz.

Nombre: E-Mail: Mensaje:

© www.desdepobra.com - ponte en contacto