![]() |
ENTREVISTA CON CARLOS MOSTEIRO ESCRITOR DA POBRA. EDICION PDF
ENTREVISTA CON LUZ ESTÉBEZ , DA POBRA "LAS TELENOVELAS AYUDAN A MUCHA GENTA A VER LA REALIDAS TAL COMO ES" EDICION PDFPara quien quiera cotillear en subiografía, la Editorial Galaxia dice esto .
PORTO DA POBRA CON CAM EN YOU TUBE
PORTO DA POBRA EN YOU TUBE
MERCADILLO DA POBRA 1 Y 2 EN YOU TUBE
Cultura restaura a igrexa de Santiago do Deán, na Pobra do Caramiñal, para atallar os seus problemas de humidadeA actuación desenvolverase este ano e afectará á cuberta, os muros e outras elementos puntuais Santiago, 21 de agosto de 2008. - A Consellería de Cultura e Deporte actuará na Igrexa de Santiago do Deán, na Pobra do Caramiñal. A restauración, que conta cun orzamento de 58.000 euros, ten por obxectivo acabar cos problemas de humidade que afectan ao templo. As obras executaranse este ano. A actuación que se vai desenvolver afectará á cuberta e aos encontros desta cos paramentos verticais. Tamén se renovarán os canalóns e baixantes e farase unha drenaxe perimetral nos muros. A intervención completarase coa incidencia noutros elementos do conxunto. A Consellería de Cultura e Deporte está estudando ademais realizar novas actuacións que lle dean continuidade a esta intervención en anos vindeiros. A igrexa de Santiago do Deán é o monumento relixioso máis salientable da Pobra do Caramiñal. Edificado ao longo de varios séculos, no templo mestúranse elementos de diversos estilos arquitectónicos. A edificación comeza a finais do século XIV pola capela maior, e remata en 1825, coa construción da capela da Soidade. É de planta rectangular, con nave de principal con bóveda de canón e ábsida semicircular de estilo gótico. O templo conta con varias capelas, entre as que destacan a capela de Sacro cunha bóveda de crucería e a Capela da Alba, de finais do século XV. Unha das maiores singularidades da igrexa son dúas imaxes de músicos que se sitúan nos extremos da cuberta, un cunha guitarra e outro cunha frauta.
|