Archivo por días: 14 agosto, 2019

TEATRO CALAVERA

TEATRO CALAVERA  presenta CHOCOLATE 
Xoves 22 de agosto ás 20.30 h no Cantón da Leña
 Trátase dunha actividade que mestura a narración oral coa posta en escena teatral. Tomando como protagonistas as personaxes de Antón e Tomasa, un cociñeiro e unha pasteleira aos que lles encanta cociñar un montón de aventuras. Esta actividade conta cunha segunda parte, na que se leva a cabo un obradoiro de cociña » brochetas de froitas con chocolate fondue» Na que se procura a participación das nenas e nenos.  
Organiza a concellaría de cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.