Archivo por días: 8 agosto, 2019

MAGÍN BLANCO E A BANDA DAS APERTAS

MAGÍN BLANCO E A BANDA DAS APERTAS

XOVES 8 DE AGOSTO ÁS 20.30 H NO CANTÓN DA LEÑA. (SE VAI MAL TEMPO NO TEATRO ELMA). Entrada de balde

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña

Nesta ocasión o creador de A nena o grilo, Magín Blanco (voz, guitarra), estará acompañado polos músicos María Faltri (voz, percusión), Jorge Juncal (piano, acordeón) e Jerry Noia (guitarras, baixo) ao que se acaba de sumar Jesús Lorenzo (batería).

 Xuntos irán repasando as aventuras de A nena e o grilo e descubrindo os seus segredos, a través de cancións: das súas cancións…

As aventuras inciden directamente en temáticas esbozadas nas entregas de Magín Blanco ao público infantil, tanto na publicada no 2010 “A nena e o grilo no país das apertas” a do 2012“A nena e o grilo nun barquiño” como do recente estreado “Gatuxo”, pasando tamén por outras publicacións como “María Fumaça” ou “Rosalía pequeniña”, así como temas de nova creación.

As músicas irán viaxando polas singulares aventuras nas que se achegarán ao mundo dende a perspectiva mesma dos nenos, sinxela e xenerosa.

Ten un formato de concerto musical, sendo as letras das cancións e as súas introducións as que marcarán o ritmo desta proposta.