Cía. Sincronacidas presenta “Ohlimpiadas”

Xoves, 1 de agosto ás 20.30 h no Cantón da Leña (Se vai mal tempo, no teatro Elma.)

Proposta fresca e divertida na cal dúas limpadoras ven como a súa rutina é retransmitida coma se dunha competición olímpica se tratase. O día a día narrado coma se estivesen no Tour de Francia ou nos mundiais de natación sincronizada para construír un mundo absurdo e disparatado. 

O espectáculo conta, ademais, coa voz en off de Julia Luna, comentarista habitual dos mundiais de natación e dos Xogos Olímpicos da TVE. 

Estas situacións cobran vida grazas á combinación de técnicas como a danza, os portes acrobáticos e, por suposto, todo regado cunha boa dose de humor que dá soporte a este mundo de disparate que construímos para o deleite de tódolos públicos.

Espectáculo gañador do Premio Fetén ó Mellor Espectáculo de Rúa 2019

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración co programa Cultura no Camiño, da Agadic (Xunta).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *