Archivo por días: 27 abril, 2019

Nós

Sábado 4 de maio ás 21.00 h no teatro Elma

Marcos Teira  Quinteto presenta o seu terceiro traballo discográfico de flamenco/jazz, Nós.

Con este disco pecha  a colección de  traballos de traducir, adaptar e resituar músicas partindo da  linguaxe da guitarra flamenca.

Neste disco participan:

Marcos Teira á guitarra
Alfonso Calvo, ao contrabaixo
Moisés Fernández, ao caixón
Isaías Salazar, no baile
Alejandro Vargas, ao piano

Entrada de balde.

Organiza a concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal  en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.