Archivo por días: 17 abril, 2019

Torre de Bermúdez

Polo Real Decreto 249/1976, de 9 de xaneiro, este fermosísimo xoiel está declarado MONUMENTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DE CARÁCTER NACIONAL. Logo da súa rehabilitación funcional, acolle a sede permanente do Museo Valle-Inclán pioneiro no país, inaugurado en 1987. Institución cultural que alberga unha importante colección patrimonial especializada.[16/4 16:50] Antonio Museo: O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiňal súmase á celebración do DÍA INTERNACIONAL DOS MONUMENTOS E SITIOS, ofrecendo ao público unha leción en imaxes sobre o valor patrimonial da Torre de Bermúdez. Palacete de estilo renacentista, construído no período 1540-1540, seguindo trazas e elementos decorativos do círculo do gran mestre de arquitectura Rodrigo Gil de Hontaňón. Sendo o nome de Juan Pérez, artista ao cargo de obras na catedral de Santiago de Compostela e da basílica de Sta. María ou do Gremio de Mareantes de Pontevedra.
Torre de Bermúdez e Museo Valle-Inclán teňen a máxima consideración legal dentro da lexislación estatal e autonómica. Así, por aplicación da Ley do Patrimonio Cultural de Espaňa e igoalmente pola Lei do Patrimonio Cultural de Galicia. Máis, ao carón da tutela legal que determina o ámbito de protección, conservación ou medidas de posta en valor e de rendibilidade sociocomunitaria, o certo é que como símbolo e imaxe do Patrimonio Histórico e Artístico da comarca do Barbanza, merece respeto e medidas consecutivas para a súa mellor e efectiva salvagarda. 
Conscientes de que se defende e protexe aquelo que nos é coňecido, dende este mes de abril e ata xullo, poderá ser disfrutada a exposición: «A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiňal», serie iconográfica composta de 40 láminas de debuxo arqueolóxico inspirada nos adovios e elementos únicos deste edificio monumental, singular ao respecto da Historia da Arquitectura e da Arte para o N.O. da Península Ibérica.[16/4 16:50] Antonio Museo: Respectémola como Monumento impar e contribuiamos a educar ás novas xeracións sobre o significado e coidados que merece como ben de interese cultural e símbolo da alta cultura de Galicia.