MANOELE DE FELISA
“HOMENAXE ÓS POETAS 20 ANIVERSARIO”
Sábado 6 de abril as 21.00 h no teatro Elma.
Manoele de Felisa, acompañado da súa guitarra, adéntranos nun paseo cronolóxicamente máxico, dende a poesía dos trobadores ata os poetas e poetisas contemporáneos, pasando por clásicos coma Rosalía de Castro, Castelao, Paz Andrade, Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro ou Curros.
Entrada de balde.
Organiza a concellaría de cultura da Pobra do Caramiñal.
