Archivo por días: 6 enero, 2019

Homenaxe tradicional a D. Ramón del Valle-Inclán

Homenaxe tradicional a D. Ramón del Valle-Inclán, no día da efeméride do seu pasamento, na cidade de Santiago de Compostela, un 5 de xaneiro de 1936. Esta mañá, reunidos de novo, para realizar a ofrenda floral e pronunciar as palabras de recoñecemento e de respeto ao autor máis internacional de Galicia, xenio e figura, símbolo do país onte, hoxe, no futuro, a carón da súa sepultura. Cemiterio civil de Boisaca.

Convocados pola Consellería de Cultura e Turismo – Dirección Xeral de Políticas Culturais, participaron, sendo moit@s máis @s asistentes:

– Conselleiro de Cultura e Turismo
– Director Xeral de Políticas Culturais
– Alcalde de Santiago de Compostela
– Alcalde da Pobra do Caramiñal
– Presidente da A.C. Amigos de Valle-Inclán
– Representantes Fundación Valle-Inclán
– Representantes do Ateneo de Santiago
– Director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

Raiaba o sol entre os mirtos e cipreses para iluminar a lousa granítica da arca valleinclaniana. E os actos e as palabras de voces unánimes fixeron honor a aquel «galego extraordinario» chamado D. Ramón del Valle-Inclán «o fillo de Galicia que máis se lle parecía», «o mellor artista nacido en Galicia»