NADAL CULTURAL

NADAL CULTURAL

26, 27 E 28 DECEMBRO ÁS 18.00 H NO TEATRO ELMA

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Entrada de balde

26 DECEMBRO: TÍTERES TROMPICALLO “PLANETA ARDORA”

O título do espectáculo está inspirado no “mar de ardora”, marabilloso fenómeno de bioluminiscencia que se pode observar nas costas de Galicia.

Houbo un día en que o Planeta Ardora estivo cheo de luz, un día en que florecían as “ adalas”, que asi é como se chaman alí as flores, os “ tulús”, os peixes, nadaban na ardora, que é a auga- luz que dá nome ao planeta e que ilumina a moitos seres que alí viven, naqueles días Ardora podía considerarse un planeta feliz…pero (sempre hai un pero, se non, non existirían as historias), todo isto terminou, alguén comezou a esquilmar e ensuciar a ardora e con ela ao resto de vida, deixando todo sucio e contaminado, os pobres ardorianos non sabían que facer nin onde ir, vagaban polo planeta ennegrecido tentando atopar un lugar para empezar de novo… cando un pequeno ser, un verme, nun rinconcito do planeta, é capaz de devolverlles a esperanza e as forzas para loitar e tentar salvar Ardora…agora só queda por ver se o conseguirán.

27 DECEMBRO: MALASOMBRA TEATRO “OS ROCKENSTEIN”.  Un musical para público infantil/familiar.

O doutor Rockenstein é un gran profesor, un gran científico, un inventor, pero tamén é un melómano consciente de que a boa música está a desaparecer do planeta. Para remedialo, no seu laboatorio decide crear un ser vivo, unha criatura e convertela nunha verdadeira estrela musical que salve ao mundo da desaparición do Rock´n Roll, e para iso, mestura na súa máquina de experimentos os ingredientes necesarios para crear unha estrela do rock: Un disco dw os Kiss, un póster dw os Rolling Stones, un calcetín do guitarrista de ACDC, un rizo de Tina Turner, unha chapa de Rosendo…

Por medio desas cancións, ese trío de futuras estrelas do rock aprenderá a importancia de vestirse e asearse, de alimentarse ben, a importancia de aprender cada materia que lles ensinan no colexio , a importancia de saber escoller un oficio, de coñecer o mundo e as persoas tan diferentes que o habitan, e tamén o importante que é aprender a saber coidar dun mesmo cando é necesario

27 DECEMBRO: MALASOMBRA TEATRO “OS FABULOSOS ROCKESTEINS”

OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo con pompas de xabón para todos os públicos. Unha fantástica experiencia visual para participar toda a familia.

Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade, as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes dous personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *