Las Niñas de la risa “Un show a cobro revertido”

MONOLOGANDO NO ELMA

Las Niñas de la risa “Un show a cobro revertido”

Domingo 9 de decembro ás 19.00 h. no teatro Elma. Entrada de balde

Las Niñas de la risa é o dúo formado polas cómicas Ángela Triana e Diana Sieira.

Unha chamada a cobro revertido, a priori, é unha putada. Ninguén chama a cobro revertido para darche unha boa nova! O máis probable é que esa chamada se faga dende a comisaría. Pero o que é seguro, é que che contarán algo que recordarás toda a túa vida!.

Triana usará a súa chamada para poñer a caldo ó seu veciño que se fixo  influencer e agora só come tostadas de aguacate.

 Sieira usará a súa chamada para falarche dunha caixa de chocapics que flota no Universo.

 Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cutural da Deputación da Coruña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *