Exposición SonAgasallo na Pobra

Inauguración: mércores 5 de decembro ás 20.00 h na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler. Actuación musical a cargo do grupo de pandereteiras Arrancadeira.

A mostra pode visitarse ata o 6 de xaneiro de 2019

A idea de SonAgasallo parte do gusto pola natureza e os antigos traballos artesanais. Está composta por unha parella sonense que, sen coñecementos previos e de maneira autodidacta, recaeu no mundo artístico e da artesanía, aínda que procedan de distintas profesións. Xurdiu este talento na talla artística da madeira grazas á crianza de canarios, unha afección que teñen hai xa máis de 10 anos. Realizaron como primeiras tallas figuras de canarios da raza gloster do propio aviario. Dada a aceptación entre amizades e familiares, fóronse creando distintas tallas, fundamentalmente de animais do contorno da Barbanza, en tamaños variados, axudándose de ferramentas como amoladoras e motoserras.

 Pero non todo son animais; tamén chegaron a crea-los Tahumisseres máxicos que viven e protexen o monte Tahúme: segundo conta a lenda de propia creación, os que son alcanzados por un raio de luz solar transformaranse en seres humanos e habitarán as aldeas das ladeiras do propio monte. Trátanse de pequenas tallas que fan as delicias das persoas visitantes das exposicións que levan realizadas, sen descanso, dende  o mes de xuño deste ano.

 O salto ós complementos e xoias xurdiu da inquietude de acercar a todo tipo de públicos a madeira e as súas posibilidades, reducindo o tamaño das pezas ata crear microtallas de madeira, pintadas á man e incrustadas nunha resina que as protexe. Así se crearon os distintos tipos de aneis, colgantes e pendentes, fusionando a madeira con resinas que lle proporcionan distintas tonalidades, encapsulando paisaxes, natureza, escenas e monumentos. Son pezas únicas, realizadas á man artesanalmente, que perdurarán no tempo grazas á protección da resina.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *