PEDRO BRANDARÍZ   “TECNOLOXÍA? NON GRAZAS”.

 MONOLOGANDO NO ELMA

PEDRO BRANDARÍZ   “TECNOLOXÍA? NON GRAZAS”.

DOMINGO 2 DE DECEMBRO ÁS 19.00 H NO TEATRO ELMA

Tecnoloxía? Non grazas” é o novo monólogo cómico de Pedro Brandaríz, no que se confesa como un “rara avis” neste mundo tecnolóxico. Dende un punto de vista totalmente humorístico Brandaríz fala de como lle costa un mundo adaptarse ás novas tecnoloxías  e o “rápido” que se cambian por outras.

Un espectáculo que se ri da obsolescencia programada, unha montaxe que analiza o ritmo vertixinoso do avance tecnolóxico, e que recolle dunha maneira totalmente creativa ós cadáveres da tecnoloxía: as máquinas de escribir, as cintas vhs, os cds, os dvds, o mesenguer, o fotolog, o tuenti… Estamos avanzando tecnolóxicamente por riba das nosas posibilidades e Pedro Brandariz  sácalle punta de maneira cómica a todo  este vórtice.

Entrada de balde.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *