DOMINGOS DE TEATRO

DOMINGOS DE TEATRO

Domingo 18 de novembro, ás 19.00 h. no teatro Elma.

CULTURACTIVA   “SENIOR”

Culturactiva SCG presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50, cos coñecidos e populares actores Luís Igrexa e Marcos Orsi como protagonistas, e dirixida por Avelino González.

Unha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e comézase a ser “sénior”?  Igrexa e Orsi rin de si mesmos cun texto enxeñoso de creación propia. Ducias de preguntas que este espectáculo non resolverá, pero que son a escusa perfecta para pasar un momento entretido en compañía de Luís Igrexa e Marcos Orsi.

Entrada de balde ata completar aforo.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *