Archivo por días: 13 noviembre, 2018

DOMINGOS DE TEATRO

DOMINGOS DE TEATRO

Domingo 18 de novembro, ás 19.00 h. no teatro Elma.

CULTURACTIVA   “SENIOR”

Culturactiva SCG presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50, cos coñecidos e populares actores Luís Igrexa e Marcos Orsi como protagonistas, e dirixida por Avelino González.

Unha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e comézase a ser «sénior»?  Igrexa e Orsi rin de si mesmos cun texto enxeñoso de creación propia. Ducias de preguntas que este espectáculo non resolverá, pero que son a escusa perfecta para pasar un momento entretido en compañía de Luís Igrexa e Marcos Orsi.

Entrada de balde ata completar aforo.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.