Domingo 11 de novembro, ás 19.00 h. no Teatro Elma.
MOFA E BEFA “CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA”
Elenco: Josito Porto y Víctor Mosqueira
Dirección: Quico Cadaval
O argumento presenta a Mofa e Befa nun momento de crise existencial que deciden superar comendo, como manda a tradición perralleira. Para iso organizan unha merenda de resonancias platónicas debaixo dunha ponte, onde a alianza entre a desesperación e a sobriedade dos alimentos, provoca un febril momento de ascetismo. As alucinacións sucédense e a obrigada reflexión sobre o absurdo da existencia, o confuso devir do mundo ou a natureza ferinte do amor, vese salpicada pola aparición de filósofos, seres mitológicos, antigos personaxes do propio repertorio, e outras presenzas enigmáticas máis ou menos actuais, que acompañan e comprometen a tentativa desesperada de Mofa e Befa por aprender a pensar.