CEP SALUSTIANO REY EIRAS ESTÁ DE ANIVERSARIO.

O vindeiro luns, día 4 de xuño ás 19:00 horas terá lugar a inauguración da exposición conmemorativa  do 40 Aniversario do CEP Salustiano Rey Eiras na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, da Pobra do Caramiñal

Para celebralo, ao longo de todo o curso 2017-2018 no CEP Salustiano Rey Eiras fixéronse varias actividades organizadas polos equipos de Dinamización Lingüística, Biblioteca e Actividades Complementarias e Extraescolares. Tamén colaborou a ANPA e todas as familias, que axudaron a rememorar os tempos do inicio do noso centro  plasmando as súas lembranzas no Caderno Viaxeiro “Hai 40 anos…

No acto de  inauguración levarase a cabo unha lectura de lembranzas recollidas no caderno viaxeiro.

A exposición permanecerá aberta ao público  ata o día  26 de xuño, e poderase visitar de luns a venres de 10.00 a 13.30 h e de 17.00 a 20.00 h.
Esta actividade  está organizada polo CEP Salustiano Rey Eiras coa colaboración da Concellaría de Cultura da  Pobra do Caramiñal.
expo 40 aniversario-concello3 (1)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *