Odaiko

Mércores 16 de maio ás 20.30 h. no Teatro Elma  (Entrada de balde).

Como se dun circo desastre se tratase, Odaiko recrea un espazo circense, no que os elementos percutivos son os medios usados para realizar as acrobacias. Baquetas que voan, tambores máis grandes do habitual, instrumentos manufacturados e música do máis virtuosa en directo, son os elementos que fan deste circo, un espectáculo no que o público interacciona espontaneamente e se achega ao fabuloso mundo cirpercutense.

Trátase dunha volta pola música representativa de cada zona de España. Os nosos virtuosos percusionistas lévannos de viaxe e interpretan parte da literatura musical característica de cada unha das zonas da península ibérica. A música interpretada polos nosos intrépidos embaixadores do ritmo está acompañada dunha divertida posta en escena.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración co programa Cultura no Camiño do AGADIC

ODAIKO BANDA


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *