TALÍA TEATRO “PELOS NA LINGUA”

TALÍA TEATRO  “PELOS NA LINGUA”

Venres 11 de maio ás 20.30 h. no Teatro Elma

Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua.

Entrada de balde

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural  da Deputación da Coruña.

TALIA


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *