“AFOUZARTE”

O vindeiro sábado, 5 de maio, ás 20.00 h., na Casa da Cultura “Raquel Fernández Soler” terá lugar a inauguración da exposición de pintura abstracta “AFOUZARTE”.

“Afouzarte” é un proxecto nado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e promovido por tres alumnos (Aida López Fernández, Verónica Fachal Vázquez e Samuel González Soliño)  que tiveron a iniciativa de intentar achegar a arte a diferentes colectivos que, en principio non están relacionados con ese mundo.
Nesta proposta participan persoas dos Centros CPI Castro Baixo (Miño), Colexio Infantil Fernández Varela (A Pobra do Caramiñal), da Asociación  ASPERGA e a Facultade de Belas Artes (Pontevedra).
No acto de inauguración a alumna da Escola de Música da Pobra, Helena Rivas, pondrá a nota musical.
Agardando poder contar coa súa presencia, reciban un cordial saúdo desde a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiña
Cartel Pobra 1

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *