Archivo por días: 4 mayo, 2018

«AFOUZARTE»

O vindeiro sábado, 5 de maio, ás 20.00 h., na Casa da Cultura «Raquel Fernández Soler» terá lugar a inauguración da exposición de pintura abstracta «AFOUZARTE».

«Afouzarte» é un proxecto nado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e promovido por tres alumnos (Aida López Fernández, Verónica Fachal Vázquez e Samuel González Soliño)  que tiveron a iniciativa de intentar achegar a arte a diferentes colectivos que, en principio non están relacionados con ese mundo.
Nesta proposta participan persoas dos Centros CPI Castro Baixo (Miño), Colexio Infantil Fernández Varela (A Pobra do Caramiñal), da Asociación  ASPERGA e a Facultade de Belas Artes (Pontevedra).
No acto de inauguración a alumna da Escola de Música da Pobra, Helena Rivas, pondrá a nota musical.
Agardando poder contar coa súa presencia, reciban un cordial saúdo desde a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiña
Cartel Pobra 1

Teatro Elma

Durante o Maio  Cultural  van ter lugar unha serie de actividades no .

Haberá actuacións para os colexios da Pobra baseadas nos libros de María Victoria Moreno (homenaxeada do Día das Letras Galegas 2018 ) como Odaiko e Fantoches Baj coa obra “Mar adiante”, Xarope Túlu con “María e os ollos alabarados” ou Saleta Fernández con “Pan y chocolate

Pero tamén haberá funcións abertas para o público en xeral como Talía Teatro coa obra “Pelos na Lingua”, Odaiko Percusión con “Vaia Banda! ou Dinamo Teatro coa obra “Inmedioteces. Cousas veredes”.

Consultar cartelera

maio 2018