Archivo por meses: mayo 2018

TEATRO DO PORVISO (CPI DOS DICES-ROIS) “A TABERNA DO CHATO”

TEATRO DO PORVISO (CPI DOS DICES-ROIS) “A TABERNA DO CHATO”

SÁBADO 2 DE XUÑO ÁS 20.30 H. NO TEATRO ELMA

 

SINOPSE: O Chato é, en realidade, o fillo do Chato. Non está claro por que lle chamaban así, uns din que era porque lle gustaba beber o viño neses vasos máis anchos que altos, aínda que outros din que o que era máis ancho que alto era el…no que todos están dacordo é que non era porque tivese o nariz pequeno. O caso que o Chato fillo herdou o alcume e a taberna, renunciando aos seus soños de ser bailarín. E aí está, nunha aldea de tolos, na que cada día é diferente…

Guión e dirección de  María Dolores Santos Álvarez e Ariadna Álvarez Santos

Entrada de balde

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal

teatro do porviso


 

Espectáculo de humor



Espectáculo de humor con Pedro Brandariz e Víctor Grandeque no que se combina diferentes modalidades escénicas, centradas no humor: improvisación teatral, monólogos cómicos, stand up comedy…
Un amplo repertorio de técnicas para abordar a cultura galega e as tradicións dende un punto de vista moi diferente, e sobre todo interactivo, pois son as propias persoas do público as que marcan as liñas “mestras” polas que discorre o espectáculo.

Entrada de balde

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración co programa Cultura no Camiño do AGADIC

DINAMOe

FEIRA “ARTE NA VILA”

SÁBADO 19 E DOMINGO 20 DE MAIO NOS XARDINS DE VALLE-INCLÁN.

Nesta edición participan 10 artesanos con manualidades, coiro, madeira, pedras, xoeiría, reciclaxe, complementos, roupa, calzado, cremas e xabóns naturais…

MAKRADELIK. ( Coiro e pedras), AMOREI (Prata e pedras), O PEREIRO (Artesanía madeira/pizarra), LATIATULATIENETELA (zapatillas personalizadas), ROBERTO FIGUEIRAS (madeira) , MARIVI (Manualidades) ,ENTRECOSTURAS (roupa), XESTAS  (Xabóns e cremas), REUSOS. (Artesania reciclaxe) ESTILO PURATITI (complementos pelo).

Este ano tamén haberá dúas casetas adicada os escritores: María Victoria Moreno (homenaxeada Letras Galegas 2018) e Carlos Mosterio (I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, que organiza o Concello da Pobra).

Actividades no Xardíns;

 Sábado 19 desde as 18.00 h. ata as 20.30 h. “OS XOGOS POPULARES DE PAPORRUBIO” 

Domingo 20 as 12.30 h. PULPIÑO VIASCÓN e os seus instrumentos máxicos co espectáculo “LA MUSICLETA

feira 2018


OS XOGOS POPULARES DE PAPORRUBIO

Sábado 19 desde as 18.00 h. ata as 20.30 h. “OS XOGOS POPULARES DE PAPORRUBIO”  un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna.

Xogos: O GALIÑEIRO,  A CASA DO RATO, A CARREIRA DAS TARTARUGAS, OS PAPAMOSCAS, OS PORQUIÑOS, A LONXA, O CUSPEBÓLAS, A RULETA…

Paporrubio


LA MUSICLETA

Domingo 20 as 12.30 h. PULPIÑO VIASCÓN e os seus instrumentos máxicos co espectáculo “LA MUSICLETA” (home orquestra, percusión, acordeón, serrucho, game boy)  interprétanse  pezas populares para o publico, animando aos presentes a cantar e dar uns paseos na Musicleta ).

Pulpiño


 

SANTISIMO 2018

SANTISIMO 2018

1          2

3        4


 

Odaiko

Mércores 16 de maio ás 20.30 h. no Teatro Elma  (Entrada de balde).

Como se dun circo desastre se tratase, Odaiko recrea un espazo circense, no que os elementos percutivos son os medios usados para realizar as acrobacias. Baquetas que voan, tambores máis grandes do habitual, instrumentos manufacturados e música do máis virtuosa en directo, son os elementos que fan deste circo, un espectáculo no que o público interacciona espontaneamente e se achega ao fabuloso mundo cirpercutense.

Trátase dunha volta pola música representativa de cada zona de España. Os nosos virtuosos percusionistas lévannos de viaxe e interpretan parte da literatura musical característica de cada unha das zonas da península ibérica. A música interpretada polos nosos intrépidos embaixadores do ritmo está acompañada dunha divertida posta en escena.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración co programa Cultura no Camiño do AGADIC

ODAIKO BANDA


 

TALÍA TEATRO “PELOS NA LINGUA”

TALÍA TEATRO  “PELOS NA LINGUA”

Venres 11 de maio ás 20.30 h. no Teatro Elma

Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua.

Entrada de balde

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural  da Deputación da Coruña.

TALIA


«AFOUZARTE»

O vindeiro sábado, 5 de maio, ás 20.00 h., na Casa da Cultura «Raquel Fernández Soler» terá lugar a inauguración da exposición de pintura abstracta «AFOUZARTE».

«Afouzarte» é un proxecto nado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e promovido por tres alumnos (Aida López Fernández, Verónica Fachal Vázquez e Samuel González Soliño)  que tiveron a iniciativa de intentar achegar a arte a diferentes colectivos que, en principio non están relacionados con ese mundo.
Nesta proposta participan persoas dos Centros CPI Castro Baixo (Miño), Colexio Infantil Fernández Varela (A Pobra do Caramiñal), da Asociación  ASPERGA e a Facultade de Belas Artes (Pontevedra).
No acto de inauguración a alumna da Escola de Música da Pobra, Helena Rivas, pondrá a nota musical.
Agardando poder contar coa súa presencia, reciban un cordial saúdo desde a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiña
Cartel Pobra 1

Teatro Elma

Durante o Maio  Cultural  van ter lugar unha serie de actividades no .

Haberá actuacións para os colexios da Pobra baseadas nos libros de María Victoria Moreno (homenaxeada do Día das Letras Galegas 2018 ) como Odaiko e Fantoches Baj coa obra “Mar adiante”, Xarope Túlu con “María e os ollos alabarados” ou Saleta Fernández con “Pan y chocolate

Pero tamén haberá funcións abertas para o público en xeral como Talía Teatro coa obra “Pelos na Lingua”, Odaiko Percusión con “Vaia Banda! ou Dinamo Teatro coa obra “Inmedioteces. Cousas veredes”.

Consultar cartelera

maio 2018