” Normas para saber vivir na sociedade actual”

Sarabela Teatro presenta ” Normas para saber vivir na sociedade actual” na Pobra do Caramiñal o domingo 29 de abril ás 20.00 h.

Escrita en 1.993 por Jean Luc Lagarce,o autor contemporáneo máis representado en Francia, parte dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente baronesa de Staffle, quen dunha forma sutil dá instrucións de como debemos comportarnos.

Elenco: Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Vadim Yukhnevich baixo a dirección de Änxeles Cuña Bóveda

Entrada de balde ata encher aforo.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal

SARABELA


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *