PACO NOGUEIRAS “RADIO BULEBULE”

SÁBADO 21 DE ABRIL, ÁS 18.00 H., NO TEATRO ELMA

Radio BULEBULE é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Radio Bulebule” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.
Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante,t ransmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos. A emisora que máis nos gusta. Porque dentro dela soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música.
Paco Nogueiras convídavos vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Temos de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. A mellor guía para descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal. Non perdas a fantástica oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas.

Esta actividade esta organiza pola Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal  en colaboración co Programa do AGADIC “Cultura no Camiño” da Xunta de Galicia.

Entrada de balde ata encher o aforo

RADIO BULEBULE


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *