“Libertas”

vindeiro día 6 de abril, ás 20:00 horas, será o acto inaugural na Casa de Cultura Raquel Soler do Concello da Pobra do Caramiñal, da exposición “Libertas” de Olegario Sampedro.

O proxecto Libertas trátase dun proxecto artístico-literario  e pedagóxico  que ten como obxectivo difundir dereitos humanos e en especial o dereito á liberdade de expresión. Está  promovido polo PEN Internacional, PEN Galicia e o IMER (Instituto de Mediación Educativa de Ribeira).

Esta exposición artística homenaxea os casos de sete autores de distintas nacionalidades aos que se lles conculcou este dereito fundamental (Federico García Lorca, Liu Xiaobo, Orham Pamuk, Xosé Luís Méndez Ferrín, Susana Chávez, Jude Dibia e Liu Xiaobo).

Cada unha das instalacións artísticas  que se presentan o venres vai acompañada dun escrito de cada caso, elaborado ad hoc por coñecidos intelectuais colaboradores (Laura García-Lorca, Inma López Silva, Manuel Rivas, Jennifer Clement, Paco Lobatón, …)

A partir de aquí, sete docentes do IMER elaboraron unha proposta pedagóxica destinada a alumnado da ESO e Bacharelato, publicada online (www.pengalicia.gal) e cuxas autoras son Beatriz Paz, Montse Pampín, Cecilia Lois, Pura Prado, Concha García, Concha Paz, Ana Álvarez e Mª Carmen G. Acebedo.

Libertas foi inaugurada en setembro de 2016 con motivo do 82º Congreso Internacional do Pen en Ourense. Posteriormente foi exposto en Guimaraes , pois Libertas foi elixida o proxecto cultural expositivo que representou a Galicia no programa  Nortear , convenio bilateral entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura de Portugal .

Así mesmo, o deseño didáctico de Libertas foi finalista autonómico dos Premios nacionais Acción Magistral 2017, convocados pola Fundación Fad/BBVA, co apoio de Unesco. No presente 2018  foi seleccionado para o seu fortalecemento e continuidade por parte desta Fundación.

Libertas permanecerá en Pobra durante todo o mes de abril, de luns a venres en horario de mañá e tarde. Os martes e xoves ás 19:00 haberá visitas guiadas á mesma. Tamén se ofrece a posibilidade de concertar visitas guiadas e didácticas para grupos de adultos e escolares, chamando ao teléfono do centro cultural 981 831 545

convida Libertas cartel Libertas


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *