Xa está aquí o novo circo galego de monicreques!
Circo Galaico é un espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre
de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo.
Un circo único onde a maxia e o fantástico se mestura co autóctono, onde os acróbatas
malabaristas serán animais da fauna galega coma o xabarín, o lobo ou a pita do monte.
MÚSICA EN DIRECTO CON INSTRUMENTACIÓN TRADICIONAL GALEGA.
Entrada de balde.
Archivo por meses: abril 2018
» Normas para saber vivir na sociedade actual»
Sarabela Teatro presenta » Normas para saber vivir na sociedade actual» na Pobra do Caramiñal o domingo 29 de abril ás 20.00 h.
Escrita en 1.993 por Jean Luc Lagarce,o autor contemporáneo máis representado en Francia, parte dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente baronesa de Staffle, quen dunha forma sutil dá instrucións de como debemos comportarnos.
Elenco: Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Vadim Yukhnevich baixo a dirección de Änxeles Cuña Bóveda
Entrada de balde ata encher aforo.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal
PACO NOGUEIRAS “RADIO BULEBULE”
SÁBADO 21 DE ABRIL, ÁS 18.00 H., NO TEATRO ELMA
Radio BULEBULE é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Radio Bulebule” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.
Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante,t ransmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos. A emisora que máis nos gusta. Porque dentro dela soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música.
Paco Nogueiras convídavos vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Temos de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. A mellor guía para descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal. Non perdas a fantástica oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas.
Esta actividade esta organiza pola Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración co Programa do AGADIC “Cultura no Camiño” da Xunta de Galicia.
Entrada de balde ata encher o aforo
“Libertas”
O vindeiro día 6 de abril, ás 20:00 horas, será o acto inaugural na Casa de Cultura Raquel Soler do Concello da Pobra do Caramiñal, da exposición “Libertas” de Olegario Sampedro.
O proxecto Libertas trátase dun proxecto artístico-literario e pedagóxico que ten como obxectivo difundir dereitos humanos e en especial o dereito á liberdade de expresión. Está promovido polo PEN Internacional, PEN Galicia e o IMER (Instituto de Mediación Educativa de Ribeira).
Esta exposición artística homenaxea os casos de sete autores de distintas nacionalidades aos que se lles conculcou este dereito fundamental (Federico García Lorca, Liu Xiaobo, Orham Pamuk, Xosé Luís Méndez Ferrín, Susana Chávez, Jude Dibia e Liu Xiaobo).
Cada unha das instalacións artísticas que se presentan o venres vai acompañada dun escrito de cada caso, elaborado ad hoc por coñecidos intelectuais colaboradores (Laura García-Lorca, Inma López Silva, Manuel Rivas, Jennifer Clement, Paco Lobatón, …)
A partir de aquí, sete docentes do IMER elaboraron unha proposta pedagóxica destinada a alumnado da ESO e Bacharelato, publicada online (www.pengalicia.gal) e cuxas autoras son Beatriz Paz, Montse Pampín, Cecilia Lois, Pura Prado, Concha García, Concha Paz, Ana Álvarez e Mª Carmen G. Acebedo.
Libertas foi inaugurada en setembro de 2016 con motivo do 82º Congreso Internacional do Pen en Ourense. Posteriormente foi exposto en Guimaraes , pois Libertas foi elixida o proxecto cultural expositivo que representou a Galicia no programa Nortear , convenio bilateral entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura de Portugal .
Así mesmo, o deseño didáctico de Libertas foi finalista autonómico dos Premios nacionais Acción Magistral 2017, convocados pola Fundación Fad/BBVA, co apoio de Unesco. No presente 2018 foi seleccionado para o seu fortalecemento e continuidade por parte desta Fundación.
Libertas permanecerá en Pobra durante todo o mes de abril, de luns a venres en horario de mañá e tarde. Os martes e xoves ás 19:00 haberá visitas guiadas á mesma. Tamén se ofrece a posibilidade de concertar visitas guiadas e didácticas para grupos de adultos e escolares, chamando ao teléfono do centro cultural 981 831 545
Quico Cadaval «Fantasmas Familiares»
Domingo 8 de abril, ás 20.00h., no Teatro Elma
Entrada de Balde ata encher aforo.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal
Un espectáculo de narración oral que se leva transformando nos últimos quince anos acomodándose ás circustancias ambientais, inclemencias do clima, ás experiencias persoais do artista e aos terrores mais íntimos do público. O espectáculo criase a partir de estorias da tradición oral que se deformaron pouco a pouco, na xira mundial inacabada na que Quico Cadaval traslada aos públicos dos catro continentes as estórias da sua terra natal para comprobar se son universais. Antes de chegar a túa cidade, e a modo preparatorio, Quico Cadaval paseou os seus fantasmas por festivais tan prestixiosos como o de Bucaramanga de narración oral en Colombia, Déjame que te Cuente, en Lima, Festival de Teatro de Almada, en Portugal, Festival Iberoamericano de Teatro de Bogotá, A Feira do Libro da Habana, A leitura de El Quixote no Círculo de Bellas Artes de Madrid en España, Maratón dos Contos de Guadalajara, tamén en España, na Fundaçao Gulbenkian en Paris, en prestixiosas universidades de Alemaña e Portugal, e tamén na de Santiago.
Por os FANTASMAS FAMILIARES transitan espectros, valentes, milagreiros ,peixeiras, mariñeiros, mitos do rock, líders relixiosos, taberneiras, reis, golpistas, presos, adiviños, sicarios, prostitutas, axentes da orde, industriais, cantores melódicos, gandeiros, mais non é seguro que se aparezan todos.
365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (MAIO 2018)
365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (MAIO 2018)
29-04-2018 30-04-2018
27-04-2018 28-04-2018
25-04-2018 26-04-20418
23-04-2018 24-04-2018
21-04-2018 22-01-2018
19-04-2018 20-04-2018
17-04-2018 18-04-2018
15-04-2018 16-04-2018
13-04-2018 14-04-2018
11-04-2018 12-04-2018
09-04-2018 10-04-2018
07-04-2018 08-04-2018
05-04-2018 06-04-2018
03-04-2018 04-04-2018
01-04-2018 02-04-2014