“NACIDAS LIBRES”

CONTRAproducións  presenta 

Domingo 18 de marzo, ás 19.00 h. no Teatro Elma

Un espectáculo para pensar e desfrutar, emocionarse e divertirse

Catro actrices  ( Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro, Mónica Caamaño) que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza, xuntándose nunha aula de cultura, hai anos pechada, dunha entidade bancaria que hai anos cambiou de nome.

En vista de que non topan textos para catro mulleres, aventúranse a promovelo elas, encomendándollo a unha xove escritora que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornais: A policía rescata tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago.

Con esa inspiración van argallando un espectáculo en múltiples planos no que, con rigor e obxectividade, pero con frescura, dinamismo, emoción e pinceladas de humor, entran no entramado argumental do caso, pero tamén en múltiples reflexións e referencias a diversos temas vistos desde a perspectiva de xénero: a desigualdade, a ilusión da libertade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración…

Catro actrices que interpretan unha ducia de personaxes. Un escenario no que se representan os máis variados espazos e situacións.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal

RECOMENDADA PARA MAIORES DE 14 ANOS

NACIDAS LIBRES


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *