AMBAR “35 Anos de Vida e Emoción”
Casa da Cultura “Raquel Fernández Soler”
Marzo 2108
Inauguración: venres 2 de marzo ás 12.00 h.
Esta exposición reúne unha composición de 15 obras plásticas elaboradas no obradoiro de Arte Insólita da Asociación AMBAR. Nela tratouse de reunir todos os feitos importantes e momentos simbólicos da entidade o longo dos seus 35 anos de historia. Para a creación das obras empregáronse materiais xornalísticos e imaxes que nos falan de fundadores, historias de vida, peripecias vividas, esforzos persoais e colectivos, loitas e logros, e de constancia e integridade, engadindo á vida a cor da alegría. A obra elaborouse con motivo do 35 aniversario da institución, e para amosar a xente o percorrido de vida e o os valores sobre os que se sostenta AMBAR.