O domingo 10 de decembro ás 19.00 h Cándido Pazó, recoñocido pola súa traxectoria como contador de historias e monologista, trae ao Elma “Memorias dun neno Labrego”.
Monólogo escénico-narrativo sobre o libro de Xosé Neiras Vilas, que se publicou no 1961 en Bos Aires,e que é un dos libros mais dominantes da literatura galega; o mais editado, lido e traducido e o que todos lembramos con tenruda.
Este espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director teatral ven apoiado dun coidado traballo de videocreación e cunha propxa musical composta para esta ocasión.
Espectáculo de balde ata completar aforo.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.